Botar unha man, ou as dúas

> Jesús Garrido | cursosrepeducador.es

LA VOZ DE LA ESCUELA

GUILLERMO HERNANDEZ

Eliximos informacións que falan de organizacións, inventan unha canción ou celebran anos facendo da incapacidade o seu campo de alimento xeneroso

03 dic 2014 . Actualizado a las 10:48 h.

Non poden valerse por si sos. Son millóns. Pero cada vez máis son noticia as persoas que botan unha man. Eliximos do xornal oito casos: uns en texto, outros con vídeo incluído, que falan de organizacións, inventan unha canción ou celebran anos facendo da incapacidade o seu campo de alimento xeneroso. Existen, por suposto, moitísimos máis: talvez moi preto do teu pupitre. Un bo día para arrimar o ombro, ou o que sexa: necesítano.

> Actividades para cada noticia

Que cada grupo de 3 alumnos elixa unha das 8 noticias e comente ante os demais a noticia enteira. Escribir o título no cadro lupa da edición dixital do xornal: www.lavozdegalicia.es

? Buscamos despois cal é a nosa reacción ante cada unha das situacións, e vemos que podemos facer en xeral cando coñecemos unha situación parecida.

? Observamos despois cada un dos vídeos e comentamos o que máis nos impresiona: pómonos na situación das persoas coa discapacidade. ¿Como nos sentiriamos en clase, en casa, na rúa? ¿Que é o que máis necesitariamos?

1. MEDIO SÉCULO MELLORANDO A

VIDA DE MOZAS CON DISCAPACIDADE

INTELECTUAL

(La Voz, 27/7/2014) No ano 1964 un grupo de pais e familiares de persoas con discapacidade intelectual decidiron crear en Narón unha asociación familiar ante a carencia de centros de atención específica para este colectivo na comarca de Ferrolterra, e en defensa dos dereitos das persoas con discapacidade intelectual.

2. APESÁRAME QUE SE NEGUE O

DEREITO A VIVIR A UNHA PERSOA

COA MIÑA SÍNDROME»

(La Voz, 20/3/2014) Pablo Pineda, primeiro europeo con síndrome de Down en alcanzar unha diplomatura, chama á normalización desta discapacidade e pide que se respecte o dereito á vida de quen a presentan. «Temos moito que achegar á sociedade: alegría, optimismo, tenrura e unha infinidade de valores. O Down non se padece, senón que se goza».

3. OS XUÍCES ESTUDAN SE FACILITAN AOS

CEGOS O ACCESO Á PROFESIÓN

La Voz, (13/5/2014) Fano porque Gabriel Pérez, un mozo valisoletano de 23 anos tivo pensado directamente a cuestión. Respaldo social. A súa petición contou cun respaldo enorme da poboación, e a día de onte tiña case 114.200 firmas de apoio na plataforma change.org, que se mobiliza a través das redes sociais.

4. UNHA NENA GALEGA PROTAGONIZA

A ÚLTIMA CAMPAÑA

CONTRA A MENINXITE

(La Voz, 23/4/2014) A vida de Victoria , unha nena galega de cinco anos, e a da súa familia deu un envorco radical que non se esperaban. A pequena contraeu a bacteria da meninxite que por pouco lle custou a vida. Logrou salvarse, pero a infección que se apoderou do seu corpo obrigou a amputarlle as dúas pernas por baixo dos xeonllos. Agora, xa recuperada, Vicky, ou Supergirl, como a chama cariñosamente a súa nai, é unha das 15 protagonistas da campaña deste ano para conmemorar o Día Mundial da Meninxite. O gran apoio, o seu irmán (vídeo).

5. O RESPECTO É UNHA MATERIA QUE

TAMÉN SE APRENDE NO COLEXIO

(La Voz, 21/3/2014) Onte celebrouse o Día Internacional da Felicidade e foron moitos os sorrisos que sacaron os alumnos de Barbanza. Decidiron celebrar por adiantado o Día da Síndrome de Down. Así, trataron de untar Nocilla con só unha man, facerse entender nun supermercado imaxinario sen poder falar ou identificar moedas cos ollos pechados. Como broche de ouro á visita, todos os alumnos e usuarios de Ámbar bailaron usando como coreografía a linguaxe de signos.

6. «ESTOU MOI CONTENTO

TRABALLANDO AQUÍ»

(La Voz, 22/3/2014) Daniel Cedo é un dos dous usuarios de Teima que actualmente traballan en Alcampo. Conta que é auxiliar de caixa desde o pasado ano 2008, pero sobre todo é feliz facendo o que fai. «Estou moi contento traballando aquí, non quero irme a outro sitio», sinala Daniel, que ademais goza do cariño de todos os que traballan con el.

7. TRESCENTAS PERSOAS MARCHAN

COMO UNHA SEDA CON ASPACE

(La Voz, 7/7/2014) En cadeiras de rodas, en bicicleta, en patíns, en patinetes... Máis de trescentas persoas discapacitadas e acompañantes, chegadas desde distintos puntos de Galicia, sumáronse onte á primeira Marcha sobre Rodas organizada por Aspace-Galicia, en colaboración co Concello de Pontevedra, para celebrar o Ano Galego da Parálise Cerebral. Foi unha carreira cooperativa e integradora, sen medallas, que quería demostrar «que todos xuntos podemos facer as mesmas cousas», como sinalou Sergio González, usuario de Amencer.

8. UNHA NENA DE DEZ ANOS PIDE QUE

CREN UNHA BONECA CON

DISCAPACIDADE

(La Voz, 13/1/2014) Unha nena de 10 anos pide que cren unha boneca con discapacidade. Melissa Shang, con 10 anos e unha enfermidade dexenerativa e incurable, é unha auténtica fan da colección de bonecas American Girl, polo que decidiu pedir á empresa que fabrique unha boneca con discapacidade. A petición ten 120.000 firmas desde que se creou, o 27 de decembro, e inclúe unha carta na que Shang pide unha «Moza do Ano en cadeira de rodas, para que as nenas poidan aprender acerca da dificultade de nacer cunha discapacidade».

VÍDEOS PARA SABER MÁIS

1. Os meus ósos son de cristal (Phong Anh, nena vietnamita, de ánimo inquebrantable): http://bit.ly/15rTTLP

2. Eu seguireiche, nenos con discapacidade: http://bit.ly/11tBewY

A3. Todos gañamos: http://bit.ly/1tsiBA9. E a secuencia visual en http://bit.ly/11WFN2X

A4. As cores das flores. ONCE (AMPE de ouro): http://bit.ly/1jEiL4N