Os dereitos do home e do cidadán

La Voz

FIRMAS

10 dic 2014 . Actualizado a las 12:08 h.

Un novo paso adiante foi o que deu a Revolución francesa coa Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán. A Ilustración alimentara a reflexión sobre a organización social e a estrutura do poder. A nova Constitución dos Estados Unidos, xurdida da independencia, ofrecera un modelo de participación popular na elaboración das leis fundamentais. Por iso, os revolucionarios franceses propuxéronse desde o inicio da revolución a redacción dunha Constitución e convocaron a Asemblea Nacional Constituínte. A Declaración dos Dereitos do home e do Cidadán constituíu o prefacio e foi aprobada pola Asemblea o 26 de agosto de 1789. O texto de 24 artigos debateuse desde o 20 ao 26 de agosto de 1789. O debate modificou a proposta e reduciuse a 17 artigos que se votaron un a un. Promulgouse o 3 de novembro mediante patente real asinada polo aínda rei Luís XVI. Despois, volveríase aprobar como prefacio das Constitucións de 1791, 1793 e 1795.