O uso pedagóxico dos móbiles no colexio

Jesús Garrido | info@cursosrepeducador.es

LA VOZ DE LA ESCUELA

O excesivo número de automóbiles nas beiras da estrada impediu o paso do quitaneves no Cebreiro
O excesivo número de automóbiles nas beiras da estrada impediu o paso do quitaneves no Cebreiro OSCAR CELA

Describimos cinco situacións virtuais que axudan a cumprir coa finalidade pedagóxica que a Xunta promulga e que irá facilitando que os móbiles adquiran carta académica

28 ene 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Describimos 5 situacións virtuais que, dalgún modo, axudan a cumprir coa finalidade pedagóxica que a Xunta promulga (La Voz, 16/11/2014) e que, posiblemente, irá facilitando que, aos poucos, os móbiles adquiran carta académica, non só dentro do colexio, senón como unha extensión dos deberes e investigacións que os alumnos se levan ás súas casas. Adoita dicirse que na escola brillaron sempre os tres sentidos clásicos: o auditivo, o dos oídos atentos ao que o profesor di, ai de nós se non conectamos cando soa en clase: «¡Escoitade!». O sentido visual: mira, fíxate nisto, escríboo no encerado con letras ben grandes para que o vexades e non se vos esqueza. E o sentido cenestésico: fai isto, acaba dunha vez, pinta, enrola, ordena esa colección, monta dunha vez esa andrómena. Pois o móbil, distraccións aparte, que as hai, e gordas, quere facerse cos tres clásicos sentidos, pero todo nun: óese o que nos di, vese o que nos ilumina, manéxase a dúas mans e os seus dedos nunca se paran. Abre as Noticia do día que facilitamos a continuación e búscaas pola súa data na web do Programa Prensa-Escuela (www.prensaescuela.es).

O excesivo número de automóbiles nas beiras da estrada impediu o paso do quitaneves no Cebreiro
O excesivo número de automóbiles nas beiras da estrada impediu o paso do quitaneves no Cebreiro OSCAR CELA

1. A neve deixa atrapados durante horas a 200 coches no Cebreiro 

(La Voz, 19/1/2015) A neve atrapou durante varias horas a uns douscentos coches que accederon ata o poboado do Cebreiro, na estrada LU-633, de Pedrafita a Sarria, para gozar dunha xornada dominical en familia. O tapón produciuse ao mediodía porque os vehículos aparcaron a ambos os dous lados da estrada e o sitio que deixaron da calzada non era o suficiente para que puidese pasar a máquina quitaneves.

-ACTIVIDADE:  ¿Boa noticia para o móbil? «Reunímonos os catro do grupo e comezamos, móbil en man, a buscar a palabra ?neve?, tal como se indica no texto da Noticia do día. ¡Que frío! Por primeira vez soubemos a clasificación perfecta da neve: nevisca, corisco, efecto lacustre, cellisca, cinarra... Todo grazas á nosa conexión con Internet. Nun instante, os catro a lume de biqueira. Pero o divertido foron as fotos do Cebreiro... e os monstros das máquinas quitaneves» (Mati, Jose, Leo, Rita, 8 anos).

Ovellas mortas polos lobos en Cospeito
Ovellas mortas polos lobos en Cospeito carlos castro

2. Os lobos atacaron un 20 % máis no 2014 e asañáronse coas ovellas
(La Voz, 16/1/14) O lobo matou en Galicia 1.466 reses durante o 2014, que nese sentido non foi un bo ano para os gandeiros galegos, especialmente para os que apostan por criar ovellas, que se revelan unha vez máis como o manxar máis apreciado polo Canis lupus cando baixa a alimentarse a aldeas e granxas. 

-ACTIVIDADE:  ¡Que susto! ¿Pero que é iso de «canis»? O móbil dáche a resposta. «Os lobos mataron un 20 % máis que o ano pasado. Ese era o problema, menos mal que temos no grupo a Rosa, que vai para especialista de Facenda. Dividímonos o traballo: Roque calculou cantos cabalos, vacas, cabras e ovellas pode haber en Galicia. E é que vai para veterinario. Rut, debuxa que é un primor e fixo o cadro para presentar en clase mañá pola mañá. E eu, Nolito, preparo a charla, que falarei sobre Félix Rodríguez de la Fuente, que tiña lobos na cociña: vin a súa foto na miña...» (1.º da ESO).

O temporal «Hermann» notouse sobre todo no mar
O temporal «Hermann» notouse sobre todo no mar monica ferreiros

3. Chega a cicloxénese «Hermann» 
(La Voz, 14/1/15) A uns días de cumprirse un mes do inverno, chega a Galicia o primeiro temporal da estación. O anticiclón dos Azores que protexeu á comunidade durante as últimas semanas dos efectos das borrascas do Atlántico retirouse, e mañá chegará unha fronte moi activa asociado a unha potente borrasca situada ao noroeste de Irlanda. Trátase de Hermann, unha cicloxénese que se está profundando de xeito moi rápido e que podería converterse en explosiva. O seu centro de presións podería chegar aos 945 hectopascais.

-ACTIVIDADE:  «Non nos deu tempo de nada. O profe leouse explicando e mandounos deberes para casa. Menos mal que teño a dirección dos outros tres do grupo: Natalia, Filo, Solve e eu. Díxonos: ?Xa que chove, quero que toda a clase me responda que significan estas palabras: temporal, cicloxénese, anticiclón dos Azores (sen ir alí), borrasca, explosiva, alerta das catro cores (unha cada unha), refachos, acumulacións?. ¿Chamámonos por móbil? Todo preparado e... ¿non haberá tormenta mañá en clase?».

O pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela
O pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela

4. O Pórtico da Gloria comeza a recuperar a maxia da policromía 
(La Voz, 15/1/15) Permaneceu oculta durante anos pero pronto volverá estar visible para devolverlle ás figuras do pórtico da Gloria da catedral de Santiago o esplendor da policromía. As catas que se están levando a cabo nas esculturas deixaron á vista as cores orixinais que a sucidade e o po acabaron por cubrir case totalmente... 

-ACTIVIDADE:  ¿Como velo, se está todo con valos? O móbil dáche imaxe e resposta. «Menos mal que nos tocou unha Noticia do día que case se ve desde o patio do meu colexio: Refírome á catedral, que o pórtico se queda dentro e todo cheo de estadas. Xa que logo, dedicámonos a ver fotos no móbil de Pedro, que ten pantalla de ??smartphone?? para meternos os catro do grupo dentro. É un tema difícil para a nosa clase de arte. Comezamos polo vocabulario: policromía, catas, esculturas, sales, restauración. Decátaste de moitas cousas... e terminas paseando polo pazo de Xelmirez sen saír de clase. Soou o timbre. Mañá seguimos» (Lola, Marta, Pedro, Juan, 2.º de ESO).

A lanchiña que chegou a Carnota desde Estados Unidos
A lanchiña que chegou a Carnota desde Estados Unidos SANDE

5. A mensaxe que viaxou por mar da Maine a Carnota
(La Voz, 19/11/14) O mar arroxa en ocasións pequenos tesouros que, máis aló do seu valor económico, esconden singulares historias capaces de unir a dous pobos afastados por miles de quilómetros. Unha delas ten como protagonistas ao colexio do Pindo, en Carnota, e á Academia Marítima de Maine, en Estados Unidos. Desde este centro norteamericano lanzaron fai un ano unha pequena barquiña que o pasado venres foi achada por un veciño na praia de Quilmas. 

-ACTIVIDADE: Pensa. A Noticia do Día, de Prensa-Escuela, coas súas ligazóns, poderá lograr carta de cidadanía académica para que o teu pequeno móbil entre por fin en clase porque demostra, sen dúbidas, a súa habilidade pedagóxica. Demóstrao. O teu cacharriño saltará de alegría. Lévao esperando tempo e tempo... Como o barquiña que vén de lonxe e chega á praia de Carnota.