Concursos escolares

La Voz

LA VOZ DE LA ESCUELA

Un dos proxectos presentados á Galiciciencia na pasada edición
Un dos proxectos presentados á Galiciciencia na pasada edición Nacho Gómez

Viaqua convoca o II Certame Literario Relatos de Auga Intelixente para alumnos de ESO, bacharelato e formación profesional e a Galiciencia busca 80 proxectos para o seu décimo aniversario 

30 sep 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Un concurso para falar da auga en poucas palabras

Viaqua convoca o II Certame Literario Relatos de Auga Intelixente dirixido a alumnos de entre 12 e 17 anos de centros educativos da comunidade autónoma galega, co obxectivo de contribuír á difusión da cultura da auga e implicar aos escolares no uso sostible da auga e o coidado do medio ambiente a través da literatura.

O certame, ao igual ca pasada edición, á que concorreron un total de 167 traballos, contará con dúas categorías: educación secundaria e bacharelato ou formación profesional, e comezará a desenvolverse unha vez iniciado o novo curso escolar 2015-2016, en concreto durante o último trimestre do ano, sendo o 31 de decembro a data límite de recepción dos microrrelatos. As bases poderán consultarse na web www.viaqua-sa.es.

Requisitos dos relatos curtos

Os participantes poderán presentar un máximo dun relato curto inédito en galego ou castelán dunha extensión que non superará as 200 palabras con espazos e escrito en ordenador.

Atendendo ao título do certame, a temática estará referida á importancia da auga na sociedade e na vida, ao uso responsable e ao coidado do medio ambiente, así como á percepción que os alumnos teñen do concepto de cidade intelixente e auga intelixente.

Xurado e premios

Os organizadores do certame designarán un xurado cualificador entre persoas da comunidade autónoma galega vinculadas á creación literaria, a comunicación e aquelas relacionadas co ámbito da auga e o medio ambiente, que será o responsable do fallo que se producirá nos primeiros meses do vindeiro ano.

O autor do relato curto gañador en cada unha das categorías se levará un iPad Mini, e o segundo premio será un lector de libros electrónicos.

A entrega de premios aos dous gañadores en cada unha das referidas categorías se celebrará na semana do 22 de marzo do 2016, coincidindo coa celebración do Día Mundial da Auga.

A Galiciencia busca 80 proxectos para o seu décimo aniversario 

Como novidade, este ano os premios serán entregados por categorías temáticas en lugar de por ciclos educativos, como viña sendo habitual. Así, serán seleccionados polo xurado o proxecto coa mellor presentación oral, o máis innovador, o que acredite o método e Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole agarda impaciente a chegada dos 80 proxectos científicos de estudantes galegos que se exporán nas súas instalacións do concello de San Cibrao das Viñas entre o 18 e o 20 de novembro. Na maior feira científica de Galicia, que este ano cumpre dez outonos, xunto cos habituais 50 traballos de estudantes de secundaria, bacharelato e formación profesional que competirán polo primeiro premio exporanse fóra de concurso outros 30 proxectos de primaria e educación especial, consolidando así a experiencia da anterior edición. 

O prazo de recepción de proxectos para a Galiciencia 2015 xa está aberto, ata o 25 de outubro, e se queredes saber como participar nun concurso aberto ás propostas de calquera centro escolar, só tedes que ler as bases, dispoñibles en: 

? www.galiciencia.com. 

Os 50 proxectos participantes seleccionados para competir estarán expostos durante os tres días da feira, mentres que os de primaria e educación especial poderán verse en quendas de dez cada día. 

? Que esperades? Ide polo premio grande, 1.000 euros para financiar a túa participación na maior feira científica estatal, a Exporecerca 2016.