As noticias sinalan o camiño do para qué se estuda

Jesús Garrido

LA VOZ DE LA ESCUELA

O Global Hawk é un avión da NASA por control remoto que pode voar a 20.000 metros de altura
O Global Hawk é un avión da NASA por control remoto que pode voar a 20.000 metros de altura NASA by Carla Thomas

04 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Dío a sentenza do filósofo cordobés Séneca (4a. de C.-65): «Non vitae sed scholae discimus» (Ep.,106,12). Temos a intemperancia, laméntase, de non aprender para a vida, senón para a escola. A frase orixinal, co tempo, foi modificada e tornouse correctiva: «Hai que aprender para a vida e non para a escola. En fin, un bo desexo, pero o importante é que se cumpra. 

¿Inserimos preguntas e actividades sobre a actualidade nos exames e probas de coñecementos dos alumnos? A realidade está en que o máis frecuente, e dunha forma case exclusiva, é que nos exames e probas escolares, naturalmente, se valoren os coñecementos, seguindo, máis ou menos, as clasificacións progresivas que van desde o directo recoñecemento de datos á comprensión e análise dos mesmos. Con menor frecuencia incídese en preguntas que miden o sentido crítico, a creatividade; e, por suposto, a mínimos, na aplicación e valoración de actitudes persoais cara aos diversos temas que se estudan na aula.

Os cinco is

Noticias e exames

En primeiro lugar, trátase de achegas importantes e que inflúan non só na formación de competencias creativas e actitudinais, senón incluso nunha mellora dos coñecementos e da comprensión e análise dos temas.

* Importancia que o alumno ve na noticia, que lle leve a un recoñecemento mellor de datos para solucionar ese tema que é obxecto do exame.

* Interese da noticia que impulse efectivamente aos alumnos a un intento de comprender mellor o tema que é obxecto do exame, porque é algo que eles senten que lles afecta na súa vida.

* Implicación dos alumnos na solución do tema cando entenden que non só deben traballar para si mesmos, senón para axudar socialmente aos demais como os outros tamén lle axudan a un.

* Inventiva que os alumnos deben ter, propondo solucións en temas e noticias que, ademais de lograr un bo coñecemento deles, necesitan creatividade para superar os problemas que se xeran.

* Interdisciplinariedade, sabendo que as noticias que xorden ao redor dun tema do que deben render conta dos seus coñecementos non se arranxan sen unha achega interdisciplinar na que participan as diversas áreas de coñecemento.

Proporción de escola e vida

Ninguén, nin sequera o mesmo Séneca -ao que non hai modo de preguntarlle, aínda lendo as súas epístolas sapienciais- vai pedir á escola (scholae) de hoxe que deixe de insistir tanto en coñecementos de libro e, coa abundancia de noticias se preocupe máis da vida (vitae). Pois non. O sentido de proporción vai imperar en todo momento e sería ridículo que en todos os exames houbese un apartado especial coma se dun IRPF ou dun IVE se tratase, como pagamento ou tributo ás noticias para a aprendizaxe de vida que se debe aos alumnos.

 Hai noticias que, pola súa importancia, merecen unha especial atención á beira de tanto coñecemento esixido. En cambio, hai outras que talvez é suficiente citar algún exemplo no medio da súa explicación en clase e tranquilizar aos alumnos coa frase salvadora: «Esta noticia na que imos traballar agora recórdanos a importancia de coñecer moi ben este tema e imos estudar algúns datos sobre unha información que ten moitas relación con el... ¡pero non vos preocupedes, que non entra no exame!

 En cambio, outros temas fundamentais ben merecen un stop e recordar a anécdota de primeira páxina; ¡Un punto máis para a actualidade!

ACTIVIDADES

Propómosvos, por exemplo, cinco noticias para que opinedes sobre dous aspectos:

 Área: ¿En que área ou materia podería entrar esa noticia? Valoración desa noticia, segundo os 5 is. Puntúese de 0 a 3: Importancia ( ) Interese ( ) Implicación ( ) Inventiva ( ) Interdisciplinariedade ( )

A1. A lealdade dun can nunha imaxe que rompe o corazón

Derrubado pola tristeza e tombado á beira do seu dono morto (La Voz, 20/4/2016) 

 http://goo.gl/TUvmln

A2. Día da Terra. A polución mata cada ano a sete millóns de persoas

A nosa civilización infrinxe sistematicamente un dereito dos seres humanos, a calidade do aire que respiramos (La Voz , 22/4/2016)

 http://goo.gl/wt2OP0

A3. Pánico, horror e devastación en Ecuador 

O terremoto, de magnitude 7,8 na escala de Richter, deixa a costa do país destruída e centos de mortos e feridos (La Voz, 18/4/2016)

 http://goo.gl/SAscLy

A4. O 25 de abril pasa ao Museo

O novo espazo analiza os últimos anos de historia a través dos medios

 http://goo.gl/zFHDpC

A5. España, abocada a recuperar o fuso horario do Reino Unido e Portugal

 http://goo.gl/cHrOcU

A6. ¿Canto falta para a viaxe interestelar? E outros temas

 https://goo.gl/uBCRFn

 Ciencia en vídeo: https://goo.gl/tuvaIa

 Matemáticas no xornal: https://goo.gl/m770sF