A seguridade na rúa tamén é cousa de nenos

La Voz

LA VOZ DE LA ESCUELA

xunta

La Voz de la Escuela inicia unha serie para reforzar o proxecto «O corazón está do teu lado»

25 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Entre os perigos que asexan os nenos ao saíren da casa, o tráfico é sen dúbida o máis certo é ao que máis expostos están. Atravesar as rúas da cidade, desprazarse polas estradas nas zonas rurais, viaxar nos transportes colectivos ou no coche particular, ou montar en xoguetes que son máis ca xoguetes (bicicletas, patíns...) entrañan sempre, sempre perigo, maior ou menor.

Por iso a Xunta lanzou nos colexios, primeiro como experiencia piloto en catro centros e, a partir do vindeiro curso, como algo xeral, una campaña educativa para que os menores de 6 a 8 años aprendan a moverse sen riscos por estradas e rúas. A iniciativa é unha das 49 que integran o plan de seguridade viaria 2016-2020, que o Goberno autónomo aprobou a principios de febreiro do presente año.

Baixo o título O corazón está do teu lado, a Consellería de Infraestruturas elaborou unha unidade didáctica concibida para que alumnos de primaria interioricen cómo atravesar a rúa, empreguen beirarrúas ou sendas peonils onde as haxa, e camiñen pola esquerda nas estradas... Os nenos que participen, ata 6.000, recibirán un útil agasallo, unha lámpada led para ser vistos polos automobilistas.

EN LA VOZ DE LA ESCUELA

O suplemento de La Voz que tes nas túas mans contribuirá ao desenvolvemento deste programa O corazón está do teu lado a partir do vindeiro número, a través dunha nova sección semanal que poderás atopar habitualmente nesta mesma páxina. Acompañaremos a Latexo, a mascota da Xunta, debullando o seu contido, que procuraremos enriquecer ao noso xeito, é dicir, poñendo o índice na noticia. A partir dela, ideas para traballar na aula, estratexias e vías para abordala e enriquecela, e actividades para aplicala.

O programa O corazón está do teu lado apóiase nun libro que contén 16 unidades cunha estrutura semellante agrupadas en tres bloques e mais un anexo final. Cada unidade arrinca coa posta en común dos coñecementos previos, os obxectivos e actividades para elaborar, resolver problemas, contestar preguntas... As unidades están pensadas como parte dun proceso de aprendizaxe gradual, que podes traballar de maneira individual ou en conxunto. Os tres bloques, centrados en como camiñar ao longo dunha estrada nunha zona rural, como cruzar una calzada e camiñar con prudencia e atención, respectivamente, rematan cun proxecto final cada un: Vou de marcha, Facendo camiños e Protexo a paisaxe facendo reciclaxe.