A noticia descoñecida

Jesús Garrido

LA VOZ DE LA ESCUELA

Zona arqueolóxica maia de Uxmal, no Iucatán
Zona arqueolóxica maia de Uxmal, no Iucatán Payton Chung

22 jun 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Seguindo a liña de conexión marcada co tema de primeira páxina, buscamos hoxe tres noticias que nos falen un pouco de descubrimento de zonas, viaxes e incluso palabras descoñecidas. E que as vosas vacacións de verán 2016 axuden tamén a descubrir algo que valla sequera para que o voso descanso se converta en noticia. Recorda que basta escribir o título da noticia na lupa da web lavozdegalicia.es para que apareza o texto completo.

1. UN ADOLESCENTE CANADENSE DESCOBRE INDICIOS DUNHA CIDADE MAIA NO IUCATÁN

(La Voz, 10/5/2016). Seguiu a súa propia teoría, segundo a cal as civilizacións maias elixían a localización das súas cidades seguindo a posición das constelacións. William Gadoury, de Saint-Jean-de-Mathya en Lanaudière (Canadá), segundo explica este adolescente de 15 anos, fanático do mundo maia, a súa teoría baseouse en analizar 22 constelacións maias no Codex maya de Madrid que posteriormente colocou sobre o mapa de Google Earth. Ao realizalo, deuse conta que as estrelas correspondían coa localización das 117 cidades maias, coincidindo as máis brillantes coas urbes máis importantes.

  • ACTIVIDADE: De acordo coa súa teoría, tería que existir unha cidade maia máis, a 118, nun lugar inhóspito e inaccesible da península de Iucatán, en México. Abre a noticia e atoparás fotos e imaxes que che informarán sobre a importancia e datos técnicos da noticia.

2. OS NOVOS HORIZONTES DO SISTEMA SOLAR

(La Voz, 26/7/2015). As imaxes de Plutón sorprenderon á comunidade científica. A sonda New Horizons atópase hoxe un pouco máis preto do seu próximo destino, o cinto de Kuiper. Plutón necesita 248 anos terrestres para dar unha volta ao redor do Sol. O achado de Urano e Neptuno grazas ao telescopio moderno orixinara unha febre científica por dar con novos mundos no bordo do sistema solar.

  • ACTIVIDADE: Para chegar a Plutón nun tempo razoable deseñouse a nave máis rápida da historia. Os astronautas do «Apolo 11» tardaron tres días en chegar á Lúa, a «New Horizons» percorreu esa distancia en oito horas. En trece meses xa estaba en Xúpiter. O pasado 14 de xullo a nave chegou a Plutón, pero despois pasou de longo, a intención nunca foi quedar. Pescuda canta é a distancia desde a Terra a cada un destes destinos que nos ofrecen.

3. DEZ CONCEPTOS QUE APRENDEMOS Á FORZA NO 2014

(La Voz, 28/12/2014). Un 99,6 % das avoas din, polo menos unhas 200 veces na súa vida, esa sabia frase de non te deitarás sen saber unha cousa máis. Agora que xa nos deitamos uns 360 días do 2014, podemos dicir con certeza que incorporamos ao noso coñecemento un bo número de palabras e expresións que en decembro do 2013 só manexaba un grupo selecto da poboación.

  • ACTIVIDADE: Si, trátase dunha vella noticia. Estabamos a piques de despedir o ano 2014. ¿Serías capaz de pescudar que significan cada un destes termos? No texto da noticia explícancho un pouco e axúdanche a vivir ao día: abdicar, ébola, caste, o legado de Tihu, meme, postureo, running, selfie, tarxeta black.