Guíome polo corazón

La Voz

LA VOZ DE LA ESCUELA

Campaña da Garda Civil de entrega de chalecos a peóns
Campaña da Garda Civil de entrega de chalecos a peóns OSCAR CELA

Educación viaria

22 jun 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe falamos do... ¿adiviñas? Antes de seguir, mira a segunda actividade da unidade 4 do manual O corazón está do teu lado, e resolve a primeira adiviña. Cando non hai beirarrúas, é vital lembrar este órgano.

  • Obxectivo. Lembrar que cando non hai senda peonil sempre debo desprazarme polo lado esquerdo da vi?a, e sempre atento a? circulacio?n.
  • Que aprendo. Vou con?ecer as partes do meu corpo e o seu funcionamento: os aparellos dixestivo, respiratorio, circulatorio...
  • Tarefa. Voume fixar no movemento das cousas. O profesor vaime ensinar como funciona un reloxo e o movemento das agullas, e se se asemella ao movemento do sangue no corpo humano. Vou aprender o movemento circular e como se parece a circulacio?n sangui?nea no corazo?n, e as cores do sangue nas veas e nas arterias, a? forma de circular ordenadamente polas vi?as e as su?as cores. - Sen senda peonil, hai que andar sempre polo lado esquerdo da vi?a .
  • Actividade. O sangue do corazo?n funciona no mesmo sentido das agullas dun reloxo, de esquerda a dereita. Adivin?as:
    • Non e? un reloxo, pero fai tic tac. Non usa bateri?as, pero non para de andar. Que e??
    • Coma a pedra son duros, para o can un bo manxar e sen eles non poderi?as nin saltar nin camin?ar. ¿Que e??
    • Miras adiante, fas exercicio, da?s aos pedais, tes equilibrio. ¿Que e??
  • Lembra. ¿Cara que lado do corpo esta? o corazo?n? Relaciona a posicio?n do corazo?n co sentido da marcha cando non hai senda peonil.

A NOTICIA

No 2014 faleceron nas estradas galegas 17 peóns, o que supón o 15 % do total dos falecidos. Estes datos xustifican por si mesmos a necesidade de actuacións específicas de prevención. Así pois, desde as Xefaturas de Tráfico impartiranse charlas nos concellos, dirixidas a maiores, co fin de concienciar á poboación e incidir naquelas condutas pouco seguras dos peóns. Desde a DXT lembran, ademais, que os peóns que non cumpran a normativa poderán ser denunciados por non levar o chaleco reflector cando sexa necesario ou polo incumprimento das obrigacións que os peóns teñen na estrada que son as seguintes:

  • Camiñar pola esquerda; para atravesar a calzada, cando non hai paso de peóns, camiñar perpendicularmente a esta.
  • Non demorarse nin deterse nela sen necesidade e non entorpecer o paso aos demais e usar pezas reflectoras entre o ocaso e a saída do sol.