Non hai atallo sen traballo

La Voz

LA VOZ DE LA ESCUELA

CESAR QUIAN

30 nov 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Imos aprender hoxe a atravesar unha estrada na distancia máis curta entre o meu lado e a outra beira e en liña recta. Imos a resolver problemas de xeometría sinxelos relacionados coa vida cotiá, e a usar instrumentos de medición ou outros métodos non convencionais.

TAREFA

Comprobarei que a distancia máis curta entre dous puntos é a liña recta.

Empregarei unha corda no patio para estirala ou encollela e así poder apreciar as diferenzas na distancia entre dous puntos. Aprenderei a empregar unidades de medida (pés, pasos, metros...).

Vou debuxar e recortar figuras xeométricas como triángulos, e tamén pode que coñeza a un tal Euclides.

 AVALIACIÓN

 Débese cruzar a estrada sempre despois de mirar.

 Sempre en liña recta e na distancia máis curta posible.

 ACTIVIDADE

Corta un papel da medida marcada no debuxo.

dibujo

Pon o papel sobre os pés de Latexo e di cal é o camiño máis curto.

 A NOTICIA

Alumnos do IES de Carral xogan a pel ao cruzar a N-550 para asistir a clase

O centro avisou ás familias do acceso peonil no lateral do centro

(La Voz, 9/11/2016). Nais e pais de alumnos do IES de Carral, situado na rúa Costa do Petisco, están moi preocupados pola seguridade dos seus fillos durante o horario de entrada e de saída do centro, xa que algúns estudantes arríscanse e deciden cruzar sos a N-550 en momentos de moita densidade de tráfico nesta vía estatal. O pasado luns, a nai dun alumno quedou sorprendida despois de deixar ao seu fillo no instituto e comprobar como outros cruzaban sos a N-550 para acceder ao centro. «Xa o comentamos en varias reunións de pais e non entendo como non se fai nada ante este perigo para os alumnos; sen paso de peóns, nin semáforos, nin Policía Local para regular o tráfico», queixábase. O Concello coñece a situación. Afirma que Fomento non permite nin semáforos nin paso de peóns nese punto, un tramo cunha pendente do 7 % con final en curva. E en canto á presenza da Policía Local na zona, «á mesma hora están nos colexios de primaria», explican.