Como organizar un notidrama no colexio?

Jesús Garrido / jgs@cursosrepeducador.com

LA VOZ DE LA ESCUELA

Os accidentes que provocan os xabarís nas estradas poden ser tema para un notidrama
Os accidentes que provocan os xabarís nas estradas poden ser tema para un notidrama ÓSCAR RIBERO

A idea xa está suxerida na primeira páxina do suplemento desta semana. E conta cun informe amplo no correspondente e-studo de noticias, cuxa ligazón figura ao fondo destas liñas. Que facer, pois? Botarlle ánimo e experimentar. Seguro que vai saír moi ben. Aquí soamente indicamos algunhas axudas para organizalo e celebrar que todo saia a gusto de case todos.

15 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

1. PREPARACIÓN

A preparación leva consigo, polo menos, estes catro pasos:

  • Elección do tema. É preciso ter en conta estas catro características que sempre deben darse na elección dinámica do tema:
    • Importante. Non imos perder o tempo nun tema ou noticia cuxa solución non nos leva a ningunha parte.
    • Interesante. Un tema que está no ambiente e facilita a análise e discusión desde a reacción emotiva de cada alumno.
    • Investigable. Que poña a cen mente e corazón, idea e sentimento, creatividade para logra unha boa solución do problema.
    • Interdisciplinar. É a base dos diversos papeis que entran na solución, activando a discusión e intercambio de ideas desde as diversas áreas de ensino.
  • Configuración de papeis.
    • Papeis básicos: no notidrama existen papeis que se dan sempre, sexa cal for o tema: presentador, alumnos, interrogantes…
    • Papeis de especialistas: son os que abordan profesionalmente o tema e comunican a súa opinión, explican, aclaran, responden as preguntas: científico, xeógrafo, literato, músico, deportista, gramático, psicólogo, historiador, filósofo, sociólogo, médico… En fin, os que correspondan normalmente ás diversas área de ensino… e sexan necesarios para o desenvolvemento correcto e profesional dos notidramas.
    • Número limitado: o ideal son dous ou tres especialistas que leven o peso forte e dinámico do notidrama. Ás veces pode intervir algún invitado máis que achega un dato e vaise, deixando aos dous ou tres na súa actividade continua.
  • Ficheiro de noticias. Naturalmente, no noso traballo, a fonte de noticias é o xornal, cuxos textos permiten unha lectura e preparación fácil e abundante para o notidrama. Con todo, polo menos para os adestramentos iniciais, propomos o ficheiro de A Noticia do Día, que ofrece moitas vantaxes:
    • En primeiro lugar, un arquivo fixo moi abundante de noticias, durante varios anos, e de fácil acceso.
    • En xeral, bastante variado e que abarca distintas materias, co cal ofrece oportunidade para distintos papeis.
    • E o que é moi importante, no texto aparecen ligazóns e conexións rápidas e con abundante información que, aínda que os do papel especialista non as necesitan, sempre ofrecen datos relevantes e rápidos, gráficos, sínteses e outras conexións para preparar ben as sesións públicas dos notidramas.
  • Escenario. A presentación e desenvolvemento do notidrama require un adecuado escenario, onde se coloquen as diversas persoas que representan os seus papeis, co seu título ben visible, mapas, vídeo se for necesario e todo o que axude a unha boa comunicación co público (profesores, alumnos, pais) que asistan ao acontecemento.
  • Para máis detalles, véxase o e-studo de noticias «La noticia a escena»: goo.gl/dfJrvn

2. ELECCIÓN DA NOTICIA

Non pretendemos que os seguintes exemplos de noticias sexan os máis adecuados. Cítanse aquí soamente pola cantidade de recursos que ofrece a sección A Noticia do Día. ¿Que papeis poderían desenvolver a presentación, ademais do presentador e alumnos interrogantes?

E, segunda pregunta: ¿reúnen estas noticias, por exemplo, as catro características (os catro is) que se explican máis arriba na elección do tema?

E, terceira resposta: ¡A buscar noticia para o voso primeiro notidrama! ¡É fácil conseguilas e pólo en marcha!

3. EXEMPLOS

CONTAMINACIÓN

  • A Universidade de Vigo localizará lixo nas Cíes con drons: goo.gl/3MjFk4
  • Todos os comercios cobrarán entre 5 e 30 céntimos polas bolsas de plástico: goo.gl/sGRG7Z

RESPECTO AOS ANIMAIS

  • Francia sacrificará a metade dos patos previstos para frear a gripe aviaria detectada en novembro: goo.gl/4yXgQm
  • Os xabarís causan xa dez accidentes ao día nas estradas de Galicia: goo.gl/0T5rqS
  • Os animais non son cousas, son seres con sentimentos: goo.gl/Ok2IaC

DESXEO DA ANTÁRTIDA

  • É un tema moi bonito e facilita, por exemplo, o desenvolvemento dos papeis de científico, xeógrafo, académico e os básicos de sempre. Tela no e-studo La noticia a escena: goo.gl/dfJrvn