O problema das augas residuais

Jesús Garrido

LA VOZ DE LA ESCUELA

Estación depuradora de augas residuais de San Cibrao
Estación depuradora de augas residuais de San Cibrao Santi M. Amil

Este Día Mundial da Auga 2017 está dedicado ao tratamento das augas residuais. Ao fondo desta páxina podes atopar os títulos e lemas que o líquido elemento mereceu desde o ano 2000. Para un achegamento do tema e conexión simple co que nos rodea, eliximos, por exemplo, os títulos dados á auga nos últimos cinco anos (2013-2017) e unha noticia próxima para que vós, na vosa escola, atopedes talvez algo que teña conexión co que celebramos neste día 22 de marzo. E xa sabes: basta con escribir o título na lupa da web de La Voz de Galicia para que che saia a noticia enteira, que é necesario ler para entender ben de que vai.

22 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

2017 AS AUGAS RESIDUAIS

Proxecto innovador na EDAR dos Praceres

A depuradora dos Praceres acollerá durante o próximo ano e medio un proxecto de innovación tecnolóxica para o tratamento das augas residuais, segundo informou onte a empresa Viaqua, que se encarga da xestión das instalacións. O proxecto consiste na aplicación dunha tecnoloxía de «lodo granular aerobio que permite eliminar da auga residual o exceso de materia orgánica e nutrientes que provocan a contaminación do medio acuático (La Voz, 16/2/2017).

  •  ACTIVIDADE: ¿En que consiste esa tecnoloxía?

 

2014 AUGA E ENERXÍA

A chegada da electricidade

O aproveitamento das augas do río Xallas foi unha constante durante o século pasado

Carburos Metálicos, clave na chegada da electricidade á Costa da Morte, cuxo orixe se remonta a 1897: foi ampliando as súas instalacións e aumentando a súa produción. Despois viría a constitución da Sociedad Hidroeléctrica del Pindo, que obtén a súa primeira concesión para aproveitar as augas do río Xallas (La Voz de Galicia, 14/2/2017).

  •  ACTIVIDADE: O Colexio Fernando Blanco pagou en 1906 3.484 pesetas para que os seus alumnos visen a luz sobre os seus pupitres.

 

2016 A AUGA E O EMPREGO

Testemuñas do pasado século que recobran o seu protagonismo

Os muíños de auga foron ata mediados do século pasado un elemento fundamental nas economías agrarias da comarca. O ciclo do cultivo do millo, o trigo e o centeo terminaba nos vellos muíños, onde o gran se convertía en fariña para elaborar o pan, que entón aínda se cocía en casa, coa calor da lareira (La Voz, 12/2/2017).

  •  ACTIVIDADE: Hoxe en día o seu emprego está no turismo; pero, sobre todo, na memoria de quen lograba o pan coa suor da súa fronte.

 

2015 AUGA E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

Viaqua participa no programa ambiental BIObserva

A planta elevadora do Tambre que xestiona Viaqua, a concesionaria do abastecemento e depuración da auga da cidade, co programa ambiental BiObserva, enmarcado no plan de voluntariado corporativo de Suez Spain, un proxecto que implica ao equipo humano como axente crave do desenvolvemento sostible (La Voz, 24/2/2017).

  •  ACTIVIDADE: Se buscas Suez Spain, entenderás que quere dicir iso de que BIObserva permitirá mellorar o coñecemento das aves na contorna da potibilizadora.

2013 COOPERACIÓN NA ESFERA DA AUGA

O Concello aborda a licitación do contrato de xestión da auga

O Concello de Ames abordará hoxe en sesión plenaria convocada con carácter extraordinario a licitación do contrato de xestión do servizo público do ciclo integral da auga. A mesa de contratación correspondente propuxo en novembro pasado que ese servizo sexa adxudicado á empresa Espina y Delfín (La Voz de Galicia, 14/2/2017).

  •  ACTIVIDADE: Pescuda en que consiste ese ciclo integral da auga.

ACTIVIDADES

Buscamos na web unha noticia en La Voz co tema de cada ano, ata o 2000. Consulta na Wikipedia «Día Mundial da Auga».

  •  2012: O mundo ten sede porque temos fame
  •  2011: Auga para as cidades
  •  2010: Auga limpa para un mundo san
  •  2009: Compartindo a auga, compartindo oportunidades
  •  2008: Saneamento da auga
  •  2007: Afrontar a escaseza de auga
  •  2006: Auga e cultura
  •  2005: A auga, fonte de vida
  •  2004: A auga e os desastres
  •  2003: Auga para o futuro
  •  2002: Auga para o desenvolvemento
  •  2001: Auga e saúde
  •  2000: Auga para o século XXI

E así podemos seguir ata o ano 1993, cando se instituíu o 22 de marzo como Día Mundial da Auga. ¡A auga é vida!