Premiados na modalidade Opinión

> Helena Sueiro

LA VOZ DE LA ESCUELA

24 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

PRIMEIRO PREMIO

Helena Nonia Sueiro Fojón, de 2.º de bacharelato do IES Xelmírez I (Santiago, A Coruña).

Premio: unha fin de semana en Londres para catro persoas.

Premio ao profesor: Antonio Seoane Pardo.

Yo de mayor quiero ser persona

Me da pena toda esa gente atrapada que no es capaz de ver mas allá sus prioridades. Me produce lástima esa persona incapaz de sentir compasión por un amigo. Me entristece pensar que casi todos mis compañeros de clase son así. Son humanos, aspiran a ser máquinas, rendir, trabajar y esforzarse al 100 %; aprender libros de memoria, como cuando se instala un nuevo software en el ordenador. Vomitar contenidos en unos exámenes que nos califican de manera ilógica, midiendo unos conocimientos que olvidaremos.

¿Para qué estudiamos? Estudiamos para aprender, o eso nos han contado. En realidad, esto es una carrera de fondo, una marcha lenta y agobiante que va dejando tullidos y fracasados a su paso, o eso nos hacen creer. Pintan un dibujo ideal, en el que, al seguir las reglas del juego, tendrás una vida maravillosa, a pesar de que pasarás tus mejores años estudiando para gastar el resto de tu vida en un trabajo que no te llene. De pequeña, me preguntaban qué quería ser de mayor; yo respondía de manera alocada, soñaba con ser camionera de chocolate y chapapote; lo primero era porque es una de mis pasiones, y lo segundo era pura ilusión de cargar el gran vehículo alejando así esa plaga negra de las playas. Más tarde, opté por ser cantante: el mundo respondió que ya era bastante mayor para decir tonterías y que me olvidara de esos sueños infantiles. Descubrí mi verdadera pasión, la astronomía. El problema comenzó en primaria, cuando me percaté de que las matemáticas no eran mi fuerte, cosa que no preocupó a nadie, así que me despedí de las estrellas. Pasados los años, en secundaria, me interesé por escribir: esta vez me hundieron mis profesores, que en vez de ayudarme a mejorar, me recomendaron que me centrara en lo realmente importante. En algún momento, pensé en estudiar medicina; entonces me di cuenta de que es una competición insana, preferí no participar. Podemos imaginar cuánta gente con vocación se puede haber desperdiciado por el sistema educativo que tenemos, donde una nota pesa más que una ilusión.

A día de hoy, si me preguntan qué quiero ser, no sé responder.

La verdad es que estos cursos se han vuelto duros y a pesar de la competitividad, no me creo mejor ni peor que mis compañeros, o por lo menos me obligo a mí misma a no sentirme menos que ellos, porque en este momento no me puedo permitir un segundo para hundirme, no puedo llorar ni quejarme por el estrés, ya que cada segundo cuenta .

Mis amigas aspiran a tener un trabajo que las realice, yo quiero vivir de algo que verdaderamente me apasione, y mientras no lo descubra quiero ser una persona de la que yo misma esté orgullosa.

Segundo premio

Diego Iglesias Freire, de 1.º de bacharelato do IES Arzúa (A Coruña).

Premio: un libro electrónico.

Premio á profesora: María Isabel Fernández Domínguez.

Xogando entre muros

 O fútbol, sen dúbida, é un espectáculo de masas capaz de xuntar a milleiros de afeccionados nas bancadas e nas rúas, chegando a xerar tanta ou máis controversia ca moitas cuestións políticas. Dende a miña posición de futbolista que militou por todas as categorías inferiores dun club, chámanme moito a atención algunhas das actitudes que podemos atopar nos rutineiros partidos de fútbol base. As recentes noticias das batallas campais entre pais e nais acontecidas en Mallorca entre dous equipos de categoría infantil sérvenme de pretexto para opinar e reflexionar acerca delas.

Cando somos pequenos todos temos soños. Soñamos con chegar a ser como Messi ou como Ronaldo. Soñamos con ser coma eles porque fan o que nos gusta. Nós non fantaseamos con estas vidas pola súa conta bancaria; un rapaz de 10 anos non comprende de materia económica. Sen embargo, pódese chegar a apreciar como moitos pais e nais se comportan como representantes dunha futura estrela que chegará á elite do fútbol mundial. Isto pode levar ao rapaz a sentirse nunha situación de presión que fará que acuda aos partidos pola obriga de ganar e non polo pracer de xogar.

De todo isto, xorde unha primeira pregunta: que é o que leva a tantos maiores a comportarse desta maneira nos campos de fútbol? O primeiro motivo que se me ocorre é a mala interpretación do verbo competir. Non todos comprenden que competir muda de significado cando estamos a falar de fútbol formativo. Mentres que para Messi ou Ronaldo competir significa conseguir títulos, no fútbol base o mellor título que pode conseguir un rapaz é aprender, de maneira que, ganar ou perder, sempre significa sumar e acadar novas experiencias. Non obstante, o comportamento de hostilidade cara o contrario resúltame coñecido. Será que non está presente só no deporte?

Cando chega a fin de semana, o terreo de xogo emerxe como un cristalino reflexo do mundo actual. O primeiro que podemos discernir a través deste reflexo son as medidas proteccionistas que volven a rexurdir. Agora os que constrúen muros que nos conducen cara o receo como os que crean conflitos nos campos de fútbol en vez de tender pontes son tamén aqueles que non comprenden os valores do fútbol base. Os refuxiados que foxen da guerra das bancadas para poder xogar ao fútbol de forma apracible somos nós, os nenos e nenas futbolistas. Case sen percatármonos, estámoslle poñendo fronteiras á vida.

Terceiro premio

Sofía Sánchez-Brunete Facal, de 1.º de bacharelato do IES Pontepedriña (Santiago, A Coruña).

Premio: un altofalante resistente á auga.

Premio á profesora: María Carme García Ares.

Pasando o tempo

«Dime e esquézoo, ensínamo e recórdoo, involúcrame e apréndoo» (Benjamin Franklin). A educación ten un erro de concepto: en lugar de ensinar, selecciona; en lugar de aproveitar as diferenzas persoais, castígaas, en lugar de adaptarse á actualidade, prepara os alumnos para un mundo que xa non existe.

Un exame, segundo a Real Academia Galega, é unha proba ou conxunto de probas que se fan a un candidato para determinar as súas aptitudes. O noso sistema educativo baséase nestes controis que buscan seleccionar as persoas capaces de memorizar todos os contidos. Este sistema fai que o fin do estudo, no canto de aprender, sexa aprobar. Deste xeito, os coñecementos, adquiridos por obriga e non por interese, esquécense rapidamente. Explícase así que moitas cousas de vital importancia queden sen ser ensinadas, posto que repetimos outras durante anos nun intento frustrado de que sexan aprendidas. O ensino debería ser algo emocionante, onde os valores estivesen por riba dos contidos; onde se crease curiosidade e se fomentase o traballo en grupo; un grupo formado por persoas diferentes que se complementasen. Porén, o sistema educativo cualifica os estudantes sen ter en conta as súas diferenzas; fomentando algunhas, como a memoria, e rexeitando outras, como a creatividade, creando así, seres idénticos. O problema de facelo é que prexudica a uns fronte a outros, posto que, aquelas persoas que non teñen tanta capacidade para reter información, teñen que realizar moito máis esforzo para conseguir igualarse ós seus compañeiros. O que tamén é idéntico é o xeito de educar. Leva sen cambiar dende hai centos de anos e, obviamente, a sociedade non o esperou. Edúcase coma se vivísemos nunha época na que a información non estivese sempre connosco. O estudantado é examinado de contidos que atoparía co simple feito de sacar o móbil do peto. Porén, o único que nos diferencia das máquinas apenas é valorado.

Como resultado, despois de moitos anos de esforzo, obtemos unha mocidade perfectamente substituíble por un ordenador que reprime as características individuais, posto que nunca foron valoradas, e cun lixeiro rexeitamento cara a aprender cousas novas, pois as que estudou no seu momento nin as recorda.

Se miramos cara atrás, decatámonos de que durante todos os anos da nosa infancia só estivemos pasando o tempo.