Traballos ganadores do concurso 2016-2017

La Voz

LA VOZ DE LA ESCUELA

CATEGORÍA INFANTIL NIVEL A (ALUMNOS DE INFANTIL E DE 1.º E 2.º DE PRIMARIA)

24 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

A décimo cuarta edición do concurso Mellor Periodista Infantil e Xuvenil, convocado polo Programa Prensa-Escuela, dá a coñecer os premiados

Cada ano que o Concurso Mellor Xornalista Infantil e Xuvenil chega a unha nova edición, e coa do curso 2016-2017 xa vai pola décimo cuarta, o xurado ponse a tremer cos apuros que lles fan pasar os concursantes para elixir. A imaxinación dos alumnos galegos non deixa de sorprender e, entre os pequenos, a súa capacidade para contar coas súas propias imaxes a actualidade parece non coñecer límites. E, o que non semella tan doado, para expresar cos seus lapis de cores as emocións e sentimentos que provocan as noticias.

O xurado do concurso que convoca o Programa Prensa-Escuela de La Voz de Galicia, desenvolvido pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, estivo presidido por María José Arrojo Baliña, subdirectora da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, e composto por César Casal González, subdirector de Información de La Voz de Galicia; Carlos Ocampo Pérez-Gorostiaga, coordinador de La Voz de la Escuela; Luis Pousa Rodríguez, xefe de Opinión de La Voz de Galicia; Ana Abelenda Vázquez e Sandra Faginas Souto, redactoras de La Voz de Galicia; María Puente Cagiao, do departamento de Comunicación da Corporación Voz de Galicia; e Romina Sande Lago, coordinadora do Programa Prensa-Escuela, que exerceu como secretaria.

Unha vez máis, abrimos a sección dos traballos ganadores, nesta páxina e a seguinte cos sorprendentes debuxos da categoría infantil.

Premiados

 

PRIMEIRO PREMIO

Lara Vidal Seara, de 6.º de educación infantil do CEIP Manuel Sueiro (Ourense).

Premio: unha fin de semana no Parque Warner para catro persoas.

Premio á profesora: Ana M.ª Carballo Martínez.

SEGUNDO PREMIO

Lucía Canosa Lestón, de 2.º de educación primaria do CEIP Areouta (Fisterra, A Coruña).

Premio: unha cámara de fotos dixital.

Premio ao profesor: José Diego Vilar Frade.

TERCEIRO PREMIO

Silvia Suárez Fernández, de 6.º de educación infantil do CEIP Vista Alegre (Burela, Lugo).

Premio: un reproductor MP3.

Premio á profesora: Antonia Carmen Val Becerra.

Premio para os profesores: unha cámara de fotos dixital.