Quince metros de homenaxe á muller labrega

La Voz

LEMOS

ROI FERNANDEZ

A fachada do Concello de Carballedo loce un gran mural financiado polo consorcio de turismo

20 nov 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

A fachada lateral da sede do Concello de Carballedo, situada na localidade da Barrela, loce desde hai uns días un mural de homenaxe á muller labrega. O grafito amosa unha muller de idade cuberta vestida de negro e cunha pequena árbore entre as mans. Trátase dun dos vinte e un murais de temática diversa financiados polo consorcio de turismo da Ribeira Sacra nos concellos lucenses e ourensáns que forman parte deste organismo. Igual que o da Barrela, todos os murais están xa feitos, coa única excepción do de Monforte. Este está pendente unicamente de que Patrimonio dea a súa autorización para realizalo. foto roi fernández