Un ourensán resultou ferido grave nun accidente de tráfico na baixada aos Peares

LEMOS

O sinistro produciuse pasada a medianoite

27 jul 2016 . Actualizado a las 19:34 h.

Unha persoa resultou ferida de consideración nun accidente de tráfico ocorrido esta noite no treito da estrada N-120 que une o alto de Guítara e Os Peares, no municipio de Pantón. Segundo a información do 112, o ferido é a persoa que conducía o vehículo. 

O accidente ocorreu as doce e media da noite. Ao recibir unha chamada dun particular que alertaba do sucedido, o servizo de emerxencias 112 enviou ao lugar do sinistro unha ambulancia do 061, unha patrulla da Garda Civil de Tráfico e aos bombeiros de Monforte, por se houbese dificultades para sacar do coche á vítima.