Tres rapaces denunciados por sustraer máis dunha tonelada de castañas

La Voz CHANTADA / LA VOZ

LEMOS

26 nov 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Tres rapaces están denunciados no Xulgado de Chantada como sospeitosos da sustracción de 1.200 quilos de castañas. Segundo a información facilitada onte pola Guardia Civil, axentes deste corpo imputaron como investigados por estes feitos a tres veciños de Lalín, un deles menor de idade e os outros de 18 anos.

Están acusados dun delito de furto porque os que levaron as castañas non tiveron que entrar en ningún lugar pechado para apoderarse delas. En caso contrario, terían que responder por roubo.

Segundo o cálculo efectuado polos propietarios, o valor das castañas sustraídas é de arredor de 1.800 euros.