O Concello de Sober convoca en Twitter un certame fotográfico sobre os viños de Amandi

La Voz MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

ROI FERNANDEZ

O concurso coincidirá coa próxima edición da feira vinícola local, que se celebrará esta fin de semana

07 abr 2017 . Actualizado a las 23:34 h.

O Concello de Sober convocou un concurso de fotografía ao que poderán presentarse imaxes relacionadas cos viños de Amandi que deberán ser publicadas na rede social Twitter. O certame abrirase esta fin de semana, coincidindo coa celebración da 37 edición da feira vinícola soberina. Os participantes deben ser seguidores da conta do Concello en Twitter e terán que publicar as imaxes acompañadas do hashtag #enchesoberdeamandi e do enderezo @concellodesober.

O xurado do concurso, formado por profesionais da imaxe, escollerá tres imaxes que recibirán respectivamente un premio principal e dous accésits. Os galardóns consistirán en lotes de viños de Amandi. Tres días despois de finalizado o concurso daranse a coñecer os nomes dos gañadores nas redes sociais. Os premiados terán tres días de prazo para contactar co Consello a fin de confirmar a súa identidade. En caso de non facelo, perderán a condición de gañadores e a organización contará cos autores doutras imaxes escollidas como posibles premiadas.

O alcalde, Luis Fernández Guitián, sinala que a finalidade deste concurso fotográfico é axudar a dar máis visibilidade á Feira do Viño de Amandi nas redes sociais.