Exposición en Bóveda sobre o cómic "O home que falaba vegliota"

La Voz

BÓVEDA

Fotografía de arquivo dunha exposición en Santiago sobre a obra de Reimundo Patiño
Fotografía de arquivo dunha exposición en Santiago sobre a obra de Reimundo Patiño SANDRA ALONSO

Realizado polo pintor Reimundo Patiño en 1972, é unha metáfora das agresións que sofren os falantes de linguas minorizadas

28 ene 2022 . Actualizado a las 18:40 h.

No centro sociocultural de Bóveda pódese ver estes días unha exposición sobre O home que falaba vegliota, o cómic de Reimundo Patiño que é unha metáfora das agresións que sofren as linguas minorizadas. As doce pinturas deste cómic, realizado en 1972, están expostas no centro sociocultural de Bóveda desde este mércores. Esta exposición pódese visitar ata o 26 de febreiro, de luns a venres e en horario de nove a media da mañá a dúas e media da tarde.