Ángeles Goás leva a Bóveda «Un saco de contos»

La Voz

BÓVEDA

Ángeles Goás nunha das súas sesións de contacontos
Ángeles Goás nunha das súas sesións de contacontos CEDIDA

A narradora oral ofrecerá un espectáculo para o público familiar o 3 de xaneiro

27 dic 2023 . Actualizado a las 16:07 h.

A narradora oral Ángeles Goás, natural de Abadín, ofrecerá o 3 de xaneiro unha actuación no centro sociocultural de Bóveda. A sesión comezará ás 12.00 horas e Goás representará o espectáculo Un saco de contos, dirixido a un público familiar. A entrada é gratuíta. A representación será organizada pola agrupación da Mesa pola Normalización Lingüística no sur da provincia, que cada ano promove actividades públicas durante as festas de Nadal. En anos anteriores anos houbo diferentes citas nos municipios de Monforte, Quiroga, A Pobra do Brollón e O Saviñao.

Desde a organización sinalan que Un saco de contos «é un espectáculo de narración oral composto por unha selección variada de contos tradicionais e literarios», cunha temática que pode adaptarse a públicos de diferentes idades. Os contos que narra a artista saen dun saco máxico cargado de historias que regala a cambio de recitados, trabalinguas ou adiviñas.