Concursos e queimas de compadres e comadres de entroido en Pantón e A Pobra do Brollón

La Voz

PANTÓN

Un grupo de compadres na localidade de Outarelo, na parroquia de Mañente, do municipio de Pantón
Un grupo de compadres na localidade de Outarelo, na parroquia de Mañente, do municipio de Pantón ROI FERNÁNDEZ

Os tradicionais festexos celebraranse nestes municipios os próximos días 1 e 8 de febreiro

28 ene 2024 . Actualizado a las 12:24 h.

Os municipios de Pantón e A Pobra do Brollón e preparánse para celebrar os xoves de compadres e comadres, unha das tradicións de entroido máis características do sur lucense, que serán respectivamente os próximos días 1 e 8 de febreiro. No primeiro deles, a concellería de Cultura animou aos veciños a participar no certame municipal que se organiza con este motivo, aberto ás asociacións, familias, grupos e persoas particulares. Os interesados poden inscribirse na Casa de Cultura ou chamando ao teléfono 982 456 377.

Na Pobra do Brollón haberá queimas de compadres e comadres que se celebrarán en ambos casos na praza da Peza a partir das 18.30 horas. Por outro lado, o 4 febreiro, a partir das 17.00 horas, haberá na Casa de Cultura de Cultura deste municipio un obradoiro de entroido para nenos de a partir de 6 anos de idade. No obradoiro elaboraranse as tradicionais figuras de compadres e comadres, caretas e disfraces, pero —segundo explican os organizadores— servirá tamén para «descubrir novos conceptos vinculados á igualdade e ao bo trato». Para para participar hai que inscribirse na biblioteca municipal —no teléfono 982 430 546-—ou ben enviando unha mensaxe por guasap ao 650 624 828. Os interesados poden apuntarse ata o día 1.