«Queremos utilizar Internet e as redes para darlle publicidade á finca»

Marta de Dios Crespo
Marta de Dios LUGO / LA VOZ

TABOADA

En setembro porán en marcha diferentes actividades para rentabilizar o terreo de 55 hectáreas

27 feb 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

A finca de Covas está ubicada no concello de Taboada, pegada ao campo de fútbol da localidade. É un espazo ideal para a caza, os paseos a cabalo e actividades relacionadas coa recollida de setas. Está atravesada polo río Moreda e a xestiona Covas 21, unha sociedade que é propietaria do terreno. Un dos copropietarios é Jesús Boán Méndez, participa no programa en el programa Dinamíz@te da Deputación de Lugo e na Escuela de Organización Industrial (EOI).

-¿En qué consiste o negocio?

-O proxecto principal que temos neste momento é quitarlle rentabilidade a terra de forma non só de forma tradicional, se non de forma algo diferenciada.

-¿Como o fan?

-O primeiro é pechar a finca, que ten máis de catro kilómetros de perímetro, con este peche o que queremos é evitar aos depredadores terrestres, como o raposo ou o lobo. A idea principal é adicala a caza menor, neste momento xa a temos autorizada e pretendemos criar coello de monte e soltar lebre, perdiz, codorniz e faisán. Un pouco a gusto do cliente. Tamén imos imos coller un par de xabaríns e amaestralos para practicar rastro de cans.

-¿Só se dedicarán a caza menor?

-É a actividade principal, pero a arroupamos con outras. Temos 13 cabalos que imos adicar a paseos pola finca ou nas inmediacións. Estamos micorrizando 17 hectáreas con boletus edulis en catro delas e con lactarius deliciosus nas outras 13. Ademáis temos dous pequenos asentamentos para mel e estamos cun proxecto de turismo, reparando unha casa que temos no medio do monte. Son catro apartamentos que se adicarán a alquiler, ven sexa de cazadores ou de quen veña. Tamén queremos ter un pequeno departamento adicado a os cans, en propiedade ou para alquilar. Pensado para a xente que non pode telos na súa casa.

-¿Cal é a composición da finca?

-Hai unhas 17 hectáreas que foron plantadas así un pouco industrialmente, de piñeiro e algo de roble americano e cerdeira. Catro hectáreas de pradería natural e o resto é unha mestura de carballo vello, castiñeiro vello e un montón de ameneiros. Hai unha zoa rasa que se adicará á caza, tanto para escopeta como para arco. Ten carqueixas, carpazos e actualmente sementamos unhas franxas de festuca e un pouco de centeo. O centeno plantámolo co ánimo que en aquela zona teñan que comer as codornices e outros animais.

-¿Cando empezasteis con esta finca e con este proxecto?

-Témola en propiedade dende hai 30 anos, pero este proxecto é algo recente. Levamos un ano escaso, déronnos unha subvención e animámonos a invertir.

-¿Como xurdiu a idea?

-Somos amantes das zonas rústicas, vemos que o campo se está abandonando cada vez máis e é unha pena que esto sea así. Queríamos facer algo de dinamismo, pero diferenciándonos. Todo o mundo se dedica ás vacas, aos porcos e pouco máis e nós creemos que ao campo lle podemos dar outro tipo de orientación. Como tiñamos esta pequena finca familiar e chegou a subvención, nos apetece.

-¿E tiñades experiencia no campo ou tivéstedes que estudiar?

-Nós sempre tivemos esa teima, esa afición ou esa pasión. Tivemos ganadería e agricultura, vivimos isto dende que éramos pequenos. Non foi algo novo. A micorrización si foi novo, todo o mundo fala dela, pero asentala na realidade e quitarlle unha producción, iso está por ver. Hai poucos espazos para adiestrar a cans de caza con seguridade, prácticamente nada. Por iso a ofrecemos nos.

-¿Negocio familiar?

-Estamos dous irmáns, eu e Xosé Manuel e logo dous amigos máis, un amigo e unha amiga que teñen unha participación.

-¿Cales son os retos de futuro?

-O primeiro que queremos é que sexa rentable, que non supoña un desembolso. Que a xente que pase por aquí repita e si en lugar dunha familia poden vivir de tres, moito mellor. Aínda que sabemos que facernos ricos a costa disto, por suposto que non.

-¿Cando contades con tela lista?

-O 30 de setembro de este ano temos que tela completamente lista, pero procuraremos estar con actividades xa durante o verán. A ver si esta primavera podemos coller xa algún boletus, aínda que non é a mellor época, temos parte dunha finca orientada ao norte e parte orientada ao sur. Podería dar setas todo o ano.

-¿En que vos axuda o Dinamízate?

-Como estamos empezando aínda non miramos moito o tema, pero queremos utilizar Internet e as redes para darlle publicidade a finca e Dinamízate serve para orientarnos. Nese sentido todas as axudas son ben recibidas. Isto ábreche pistas e dache luces de para onde podes tirar o negocio, iso sempre está ben.