Mochilas coa imaxe de Rosalía para celebrar o seu nacemento

marina santaló

AROUSA

CEDIDA

O IES Castro Alobre fará entrega de estas bolsas, que levan o debuxo da alumna Isabel Rodríguez

23 feb 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Se o ano pasado foron as alfombrillas para apoiar o rato do ordenador, nesta ocasión serán unhas sinxelas pero lucidas mochilas as que levarán gravadas a imaxe da poetisa e novelista Rosalía de Castro no aniversario do seu nacemento. Trátase da iniciativa de este ano do instituto Castro Alobre co obxectivo de reivindicar a súa figura entre o alumnado do centro. Unha tradición que o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro repite para inculcar o uso da lingua ós máis pequenos, o tempo que lles falan dunha figura clave para a literatura galega.

Proposta gañadora

Ao igual que nos anos anteriores, fíxoselle o encargo de deseñar o debuxo que vaise plasmar nas mochilas ós alumnos do instituto. Tal e como sinala o coordinador do equipo de Dinamización da Lingua Galega, presentáronse alumnos de todos os cursos con propostas do máis diversas. Finalmente, e tras unha dura decisión entre as opcións finalistas, os once docentes que forman parte do departamento apostaron por o retrato de Rosalía que realizou Isabel Rodríguez, alumna de primeiro da ESO.

Trátase dun debuxo da face da poetisa que, a pesar de estar feito en branco e negro, conta cun alegre toque de cor proporcionado polo vestiario e os complementos. Unha prenda vermella cúbrelle o pescozo e un adorno floral suxéitalle o peiteado. Esta nota de cor non se apreciará na totalidade das case catrocentas mochilas que o centro ten encargadas. Mentres que as máis económicas, por un euro, serán en branco e negro; as que teñen color custarán catro. «Trátase de que teñan prezos accesibles para todas as persoas da comunidade educativa que estean interesadas», sinala o coordinador.

A coincidencia do día do nacemento de Rosalía coa celebración do entroido no centro escolar provocou que o reparto de mochilas co deseño de Rosalía de Castro se pospoña ata a próxima semana, a volta das vacacións. Debido ao agrado que tivo outro dos debuxos entre o profesorado, o de Lola Castro, tamén de primeiro da ESO, é a imaxe do cartel.