A ilustradora María Lires abriu a segunda semana dos actos promovidos polo Concello e Galaxia
25 abr 2017 . Actualizado a las 04:00 h.A ilustradora María Lires teno claro: «É cos pequenos onde hai que educar o gusto polo poesía porque é aí cando son máis receptivos; a narrativa é máis lineal, pero a poesía é máis sorprendente e impáctalles máis a esas idades; canto máis pequenos son é cando a creatividade e a imaxinación son máis desbordantes». Así o confirmou onte de novo nos tres obradoiros que impartiu en Borneiro e que serviron para inaugurar a segunda semana do ciclo Dombate Primavera da Poesía.
A autora das ilustracións dunha trintena de títulos invitou aos rapaces, de entre 3 e 7 anos, a debuxar con ela e dar renda solta á súa imaxinación nun lugar que, ademais, invita a facelo. «O entorno é marabilloso», explicou.
Hoxe será a actriz e contacontos Paula Carballeira a encargada de impartir dous novos obradoiros escolares en Dombate.