O Concello de Lugo anuncia que pode acumularse neve de 4 centímetros

La Voz

LUGO

As previsións apuntan a que a neve podería chegar entre a tarde e a noite

22 mar 2017 . Actualizado a las 13:09 h.

Ante as previsións meteorolóxicas dunha alerta laranxa por neve, prevista para as próximas horas, o Concello ten activo un dispositivo especial para garantir a seguridade de vehículos e peóns en todo o municipio.

 Deste xeito, todos os servizos de emerxencia estarán en alerta para atender calquera incidencia que poida xurdir e retirar a neve nas vías municipais onde dificulte a mobilidade. Ademais, o Concello dispón dunha cantidade suficiente de sal para, no caso de ser preciso, esparexer onde sexa necesario. As reservas de sal son dunhas 20 toneladas.

 A alerta afectará a partir desta mañá ás 12.00 horas e espéranse precipitacións en forma de neve por riba dos 300 metros, cunha acumulación de ata uns 4 centímetros na zona centro de Lugo.

 Por iso, o Concello recomenda extremar as precaucións ao volante, así como nos desprazamentos peonís ante a posibilidade de neve.