O Goberno da Deputación achega a Lourenzá 620.000 euros para mellorar servizos públicos nas súas 4 parroquias

La Voz LUGO .

LUGO

cedida

25 may 2017 . Actualizado a las 23:06 h.

Foron preto de 620.000 euros os que o Goberno Provincial destinou a este municipio, mellorando o conxunto das prestacións públicas, principalmente en zonais rurais, pois leváronse actuacións ás 4 parroquias que conforman Lourenzá e que son Santa María de Lourenzá, Santo Adriano, Santo Tomé e San Xurxo. Este investimento destinouse ás melloras no Camiño A, que vai do Zapateiro a Santo Adriano. É o principal acceso viaria a 3 das 4 parroquias do Concello: San Xurxo, Santo Tomé e Santo Adriano. Estas actuacións consisten no acondicionamento do firme con aglomerado en quente dun treito de case 3 quilómetros e están dotadas de 150.300 euros, que achegou o Goberno da Deputación. Son unhas obras moi demandadas, ás que o Executivo Provincial dá resposta, beneficiando de xeito directo aos 1.000 veciños que viven na zona. Tamén se destina un orzamento de 268.000 euros ó arranxo da LU-P- 2801, de Santo Tomé, por Santo Adriano e Augasoxa a Mazo. Trátase da estrada que une o Camiño A coa parroquia de Santo Adriano, e a principal vía de comunicación de Lourenzá cos Concellos da Pontenova e Riotorto. As obras consisten no aglomerado en quente dun treito de 3,3 quilómetros, así como na mellora da sinalización e limpeza de cunetas O Goberno Provincial achegou ademais 46.000 euros para mellorar o firme con aglomerado en quente doutras 5 vías, que empregan a cotío os 600 veciños da zona na que se atopan. Son as estradas de Santo Adriano e Ríos, na parroquia de Santo Adriano; Castiñeiras Verdes e o Cal, en Santo Tomé; e a Tilleira, en Santa María de Lourenzá.

Co conxunto dos traballos mencionados, foron case 465.000 euros os achegados polo Goberno Provincial durante a anualidade pasada para mellorar infraestruturas viarias na totalidade do Concello.

Novo alumeado público en Santa María de Lourenzá 

Nos barrios do Castro, Recimil e Maderne, todos eles na parroquia e Santa María de Lourenzá, mellorouse o alumeado público a través da dotación de 50 puntos de luz de baixo consumo, Estas actuacións permitirán reducir á metade a factura da luz, supoñen 2.000 euros menos ao ano ás arcas municipais. Estes traballos, que redundan na mellora do servizo aos 60 veciños da zona, contaron con 19.000 euros que achegou o Goberno da Deputación.

Xeración de 5 postos de traballos

Grazas ao DEPUEMPREGO, o plan de emprego do Goberno da Deputación nos  municipios de menos de 20.000 habitantes, o Executivo Provincial financia os custos  laborais de cinco novos traballadores, que reforzan os servizos públicos dos Concellos. Lourenzá recibiu 37.032 euros, que permitiron a contratación de 1 albanel, 1 carpinteiro, 1 peón xardineiro e 1 peón de limpeza, que están a traballar no servizo de obras municipal; ademais de 1 técnico de turismo, que ofrece información aos visitantes.

Servizos sociais a 24 maiores

O Executivo Provincial presta atención a 24 maiores de Lourenzá, faino a través dos 25.000 euros que achega a este Concello para o Servizo a Domicilio a non dependentes e a Teleasistencia gratuíta. Cómpre subliñar que o Goberno galego suprimiu a cero euros ofinanciamento autonómico para o Servizo a Domicilio a persoas non dependentes dos 66 Concellos da provincia con menos de 20.000 habitantes.