O horto solidario do HULA, premiado a nivel nacional

La Voz

LUGO

A Federación Española de Empresas de Tecnología Sanitaria (Fenin) recoñece a súa labor social

26 may 2017 . Actualizado a las 21:11 h.

A Responsabilidade Social Corporativa do HULA vén de ser premiada polo seu proxecto de Horto Solidario e Saudable-ONG Apetéceme, na 23 edición dos premios Voluntades 2017, convocados pola Federación Española de Empresas de Tecnología Sanitaria (Fenin). Fenin recoñece o impacto que as actividades desenvolvidas dende o horto teñen entre a poboación máis desfavorecida da provincia. Tal e como expón o propio xurado, a concesión deste premio, na categoría de Institución Sociosanitaria, recoñece ao horto solidario do HULA, que naceu no 2014, por unha iniciativa innovadora «que presta axuda para cubrir as necesidades alimenticias das familias lucenses en situación de exclusión, ademais de fomentar a produción de agricultura ecolóxica, ampliando a súa empleabilidade, fomentando a mellora da saúde e calidade de vida».