O Goberno da Deputación reforza as prestacións públicasaos veciños de Ribadeo con máis de 1 millón de euros

La Voz

LUGO

O Executivo Provincial achegou na pasada anualidade 700.000 euros ao centro demaiores, coa residencia, que ten capacidade para 47 maiores, o Goberno da Deputaciónprestará atención a máis veciños de Ribadeo, pois hoxe ofrece a 146 o Servizo aDomicilio a non dependente e a Teleasistencia gratuíta.

29 may 2017 . Actualizado a las 13:21 h.

Unha das obras máis importantes que se executaron neste municipio foi a construción dunha residencia para maiores que están financiados con 700.000 euros da Deputación. Pois o Goberno Provincial decidiu incrementar en 500.000 euros a súa achega prevista no 2016 a esta dotación social (que era de 200.000 euros) ata dita cantidade porque a Xunta non cumpriu co seu compromiso e negouse a achegar orzamento algún a esta instalación para a 3ª idade. 

O Presidente da Deputación, Dario Campos, subliñou que “con esta residencia reforzamos os servizos sociais en Ribadeo, pois vai a ter capacidade para 47 maiores. Hoxe xa atendemos a 146 veciños deste municipio a través do Servizo a Domicilio para non dependentes e da Teleasistencia gratuíta, que lles prestamos dende o Goberno da Deputación porque a Xunta de Galicia non o fai”. Son 75 os veciños de Ribadeo aos que o Executivo Provincial lles financia con 20.677 euros o Servizo a Domicilio a non dependentes e 71 os que contan coa Teleasistencia gratuíta da Deputación.

Melloras nas dotacións públicas.

Tamén se fixeron arranxos no Auditorio Municipal Hernán Naval onde o Goberno da Deputación financia con 60.000 euros a súa mellora. Estas obras, consisten no revestimento da cuberta, que se atopa deteriorada por humidades, así como no arranxo do sistema de calefacción. Estes traballos estarán rematados previsiblemente en agosto. O auditorio, que ten unha capacidade de 300 persoas, é moi empregado polos veciños de Ribadeo porque, ademais das diferentes actividades lúdico-culturais que se celebran nel, emprégase como centro social.

O Executivo Provincial destinou a Ribadeo máis de 23.000 euros para a dotación de 60 novos puntos de luz de baixo consumo no alumeado público do aparcadoiro municipal e das rúas Amador Fernández, Daniel Cortezón e Pintor Fierros. Estes traballos, xa rematados, permitirán reducir a factura de luz en máis dun 10% ao ano, aforrando estes custos ao Concello.

O Goberno da Deputación financiou con 90.000 euros as prestacións públicas do rural. Executáronse traballos de ampliación e reforzo do encauzamento de regos en 4 núcleos rurais

doutras tantas parroquias e melloráronse a dotación de material de pesca, a instalación de traídas de auga e melloras en accesos públicos.

4 novos postos de traballo

Ademais dos investimentos anteriormente mencionados, o Goberno da Deputación destinou 46.657 euros á creación de postos de traballo directos e o reforzo dos servizos municipais, a través do DEPUEMPREGO. Trátase do plan dirixido aos municipios de menos de 20.000 habitantes mediante o cal o Executivo Provincial financia na súa totalidade os custos laborais de novos traballadores. No caso de Ribadeo, dito investimento permitiu a contratación de 4 desempregados lucenses: 1 auxiliar de apoio turístico para o albergue, 1 catalogador de documentos, 1 dinamizador sociocultural e 1 auxiliar administrativo de intervención.

Máis colaboracións

É máis de 1 millón de euros o que o Goberno da Deputación levou aos veciños de Ribadeo a través do Orzamento de 2016, pois, a maiores das actuacións citadas, o Executivo Provincial colaborou co financiamento de melloras en instalacións culturais e deportivas, así como na organización de actividades no eido cultural e deportivo. 

Por exemplo, o Ribadeo Fútbol Club, que descendeu de terceira división á Preferente Autonómica, recibiu unha achega de 16.000 euros para gastos correntes durante toda a tempada. A Asociación Cultural Jazzeo 3.000 euros para a organización do V Festival de Jazz & Blues. Os veciño de Ribadeo tamén contaron con 1.300 euros para a organización da mostra de teatro afeccionado Daniel Cortezón; outros 1.500 euros para as escolas deportivas; 12.000 euros para contribuír co traballo da Asociación de Discapacitados Ponte dos Santos ou 7.000 co da Asociación de Persoas con Discapacidade da Mariña, entre outras axudas.