O Arde Lucus preséntase en Portugal

X.M.P. LUGO

LUGO

CEDIDA

O Concello amosou o programa da festa na feira de turismo do Eixo Atlántico

16 jun 2017 . Actualizado a las 22:01 h.

O Arde Lucus busca converterse nunha festa de interese para a eurorrexión que forman Galicia e norte de Portugal. En Expocidades, certame de turismo do Eixo Atlántico que se celebra en Vila Real, o Concello de Lugo amosou os trazos dunha festa que este ano contará cun amplo programa: haberá 300 actividades, das que 40 supoñen unha novidade fronte ao 2016.

A concelleira Carmen Basadre viaxou a esa cidade para a presentación, que pode supoñer o comezo dun vencello entre Lugo e Vila Real en estrarexias de promoción turística.