A Deputación de Lugo mellora a estrada que une as poboacións de As Nogais e Triacastela

Beneficiaránse directamente 300 veciños da zona

.

O Goberno da Deputación investiu 100.500 € para os traballos de mellora da estrada LU-P-3702 entre Nullán, nas Nogais, e Lamas en Ttriacastela.

As obras desta vía lévanse a cabo dende o quilómetro 0,195 ata o 2,200. Consisten na mellora do firme con aglomerado en quente. Para incrementar a seguridade amplíanse dúas curvas moi pechadas con zahorra. Os traballos tamén contemplan a limpeza e a reapertura de cunetas e á sinalización da vía con pintado.

.

Beneficio para 300 veciños e para o turismo da zona

Co arranxo desta estrada, o Executivo Provincial beneficia directamente a uns 300 veciños desta zona, mellorando a accesibilidade entre os núcleos rurais de Nullán, nas Nogais, e Lamas, en Triacastela.

.

O sector turístico tamén poderá aproveitar os beneficios desta obra, xa que é a estrada que dá acceso á casa de turismo rural máis concorrida da vila, situada en Chan do Vilar, e ao mesmo tempo comunica co antigo Camiño Real. Esta ruta de sendeirismo, que se denomina Casa da Chancia, conta cun percorrido de 8 quilómetros e desemboca ao punto máis alto do municipio, chegando a superar os 1.100 metros de altitude

Votación
0 votos