Monterroso quenta motores para o festival Agrocuir

LUGO

A festa desta fin de semana contará con música, obradoiros e cinema

26 jul 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Venres 28 e sábado 29?•?Monterroso?•?Gratis?• Monterroso acolle esta fin de semana unha Festa Agrocuir con música, arte, obradoiros e cinema, que servirá de avance do IV Festival Agrocuir da Ulloa, que se celebrará os días 25 e 26 de agosto. Esta fin de semana haberá cinema LGTBQI, arte de rúa, charlas sobre feminismo, ruralidade...

Venres 28

· 22.00h, Praza do Froito. Concerto de Fresquiños e sesión de pinchadiscos

Sábado 29

· 10.00h, rúa Concepción Arenal. Intervención mural do Colectivo Matrioska, que durará todo o día

· 13.00h. Llorián G. Flórez ofrecerá o parladoiro Música, tradición e políticas trans

· 18.00h. Obradoiro de expresión libre Desestabilízate, no que se tratarán, sen patróns establecidos, a arte e a cultura a través dos cinco sentidos

· 22.30h, Zona da petanca municipal. Empeza o ciclo Cinema Agrocuir da Ulloa, que continuará todas as fins de semana de agosto ata o festival. Nesta ocasión proxectarase Un chant d’amour e Paris is Burning. Estarán subtituladas en galego.