O Mago Antón, Chairego de Honra

la voz LUGO

LUGO

El Mago Antón sacando una rana de una baraja de cartas
El Mago Antón sacando una rana de una baraja de cartas CEDIDA

Xermolos e a Irmandade Manuel María recoñecen o 16 de setembro a traxectoria do ilusionista lucense

06 sep 2023 . Actualizado a las 19:29 h.

A Asociación Xérmolos de Guitiriz e a Irmandade Manuel María organizan dende hai anos un acto de homenaxe a persoas relevantes da comarca da Terra Chá, coa denomionación de Chairegos de Honra. Na edición do 2023 a persoa elixida foi o Mago Antón (Castroverde, 1956). O acto de recoñecemento á traxectoria do mago galego máis coñecido a nivel internacional será o día 16 de setembro en Castro de Ribeiras de Lea.

Na Casa da Cultura desta vila de Castro de Rei, ás doce do mediodía, haberá unha mesa redonda coa intervención do escritor Xoán Cuba; do mago Román García; do poeta Ramón Mayrata; do mago David Méndez; e coa moderación do debate a cargo de Xulio Xiz. Os participantes falarán da maxia galega e sobre todo da figura do Mago Antón e a súa importancia no ilusionismo do noso país e as súas vinculacións coa Terra Chá.

Logo do encontro, haberá ás duas e media da tarde unha pulpada na Carballeira do Campo da Feira de Castro de Ribeira de Lea, amenizada por gaiteiros e servida por Gutier Domingos, de Melide, primeiro premio de pulpeiros no oita Galicia Forum Gastronómico.