«Os de Cervantes e Balboa son un bo exemplo de adaptación ao medio»

La Voz

CERVANTES

02 may 2017 . Actualizado a las 12:06 h.

José Manuel Costa García é historiador da USC e integrante do colectivo de investigadores Romanarmy, encargado de estudar a presenza romana no noroeste de Hispania. Desde o xacemento de Outeiro de Arnás, en Verín, onde traballaron nesta Semana Santa, destaca a singularidade dos achádegos dos Ancares. «Os campamentos de Cervantes e de Balboa son un bo exemplo de como os romanos sabían adaptarse ao medio ao que chegaban. Tiñan unha planta rectangular marabillosa». explica o investigador.

-¿Hai máis novidades sobre estes xacementos?

-Algún campamento máis seguro que vai a aparecer, xa que estamos ante un paso moi obvio para entrar en Galicia. Teremos máis puntos no mapa.

-¿Que lles aportan como historiadores os novos achádegos?

-Dános unha visión de conxunto de como foi a ocupación do territorio en Asturias, en Galicia, no Bierzo, no norte de Portugal... Temos campamentos como o de Santa Marta de Sarria, de 10 hectáreas, onde se instalou todo un exército, e logo outros puntos pequenos, como castellums, que eran como o cuartelillo para o control da comunidade.