Alumnos de Guitiriz celebraron o Día da Árbore

X.M.P. VILALBA

GUITIRIZ

BELÉN BODENLLE

No CEIP Lagostelle plantáronse dúas moreiras e un ameneiro

28 mar 2017 . Actualizado a las 19:34 h.

Alumnos de Guitiriz celebraron esta mañá os actos do Día da Árbore. Nenos e rapaces do CEIP Lagostelle plantaron, dentro do recinto escolar, dúas moreiras e un ameneiro, e nos vindeiros meses encargaranse tamén do seu coidado. O mal tempo impediu a semana pasada que tivesen lugar os actos.

A escolla das moreiras non foi casual senón que forma parte dun proxecto máis amplo. O director do colexio, Domingo Lodeiro, explicou que coas follas se consegue alimentación para vermes de seda, protagonistas dunha iniciativa coa que se traballa no colexio.