A torta de millo, protagonista en Guitiriz

GUITIRIZ

FOTO SUSO

Numerosa concorrencia na exaltación do doce 

23 jul 2017 . Actualizado a las 23:22 h.

Guitiriz recupero  a tradicional Festa da Torta de Millo,  con actividades para todos os públicos durante a xornada do domingo. Ademais de gastronomía, música, xogos, exposicións e artesanía, pola noite houbo un concerto de Luar na Lubre, que tocaron algunhas pezas co alumnado da Escola de Música de Guitiriz.

Numerosas persoas achegáronse para a celebración que tuvo como pregoeiro a Xacobe Pérez Paz. A Deputación deu 6.000 euros para a organización das actividades. Foron cinco os establecementos -especializados na elaboración deste doce caseiro- os que  participaron na feira: La Esquina, David, Gómez, La Artesanía e Nimbos.

Segundo explicou a alcaldesa, Regina Polín, ao longo da xornada haberá un concurso de tortas de millo caseiras, unha demostración de sobremesas elaborados a base de fariña de millo, xantar ao aire libre, xogos populares, talleres de artesanía e actuacións musicais, ademais de outras sorpresas.

A Deputación de Lugo colabora co Concello de Guitiriz na organización desta cita, cunha achega de 6.000 euros.

Programa

O programa para a xornada de hoxe é o seguinte:

· 11.30 horas. Exposición de coches antigos na praza.

De seguido. Percorrido ate o balneario de Pardiñas e volta ate o balneario de Guitiriz.

· 13.00 horas. Actuación do grupo de gaitas e pandeiretas da Escola de Música de Guitiriz.

Proba de torta

· 14.00 horas. Xantar ao aire libre baixo os carballos da praza (menú 15 euros).

· 16.00 horas. Xogos populares na praza.

· 19.00 horas. Concurso de sobremesas e degustación dos mesmos.

· 20.30 horas. Pregón a cargo de Xacobe Pérez Paz.

· 21.30 horas. Actuación de Luar na Lubre (algunhas pezas interpretaranas co alumnado da Escola de Música de Guitiriz).

Por outra banda, dentro da programación de Verán Astronómico -que organiza a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío e o Concello- continúa aberta a exposición Contaminación luminosa: depende de nós, na Casa Habanera. Trátase de paneis de gran formato que exploran diferentes aspectos relacionados coa contaminación luminosa, como o impacto medioambiental, os efectos da luz artificial na noite sobre a saúde, a perda cultural ou a dilapidación de enerxía e diñeiro.

Ademais, o venres 11 de agosto haberá unha camiñada nocturna na Ruta da Pedra de Díaz Castro.