Casi un centenar de alumnos adquirieron conocimientos básicos para salvar vidas

Tania Taboada

LUGO CIUDAD

Óscar Cela

19 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Unhas oitenta persoas de varios puntos da provincia de Lugo e outras cidades galegas participaron o pasado xoves e venres nos obradoiros de formación de primeiros auxilios e soporte vital básico. Foron unhas clases teóricas e practicas que impartiu o propio técnico do 061 e responsable de formación de Salutrans, Camilo Vázquez. Este veterano experto levou a cabo unhas clases moi amenas. Os alumnos saíron moi satisfeitos e divertíronse moito atendendo ás explicacións do seu mestre. Adquiriron os coñecementos básicos para actuar ante unha emerxencia. Tras unha primeira hora de teoría, na segunda tocou levar esas leccións á práctica. Os alumnos experimentaron nun boneco a actuación que levarían a cabo no caso de atoparse cunha persoa en parada cardíaca e practicaron a masaxe que practicarían na vítima mentres agardan polos servizos sanitarios. Uns talleres de primeiros auxilios que foron un auténtico éxito e que se fixeron moi curtos debido ó seu interese.