A lenda do «bluesman» Robert Johnson

LUGO CIUDAD

O libro «O Demo & Eu» presentarase esta tarde en Trama

28 jun 2017 . Actualizado a las 16:52 h.

«O Demo & Eu» • 2017 • Novovinilo Edicións • Alcimar Frazao • A libraría Trama acolle esta tarde ás 19.00 horas a presentación da novela gráfica O Demo & Eu, a cargo de Verónica Martínez e Vicente Fernández, de Novovinilo Edicións. Esta obra de Alcimar Frazao narra a historia do bluesman Robert Johnson, o home que, segundo a lenda, vendeu a alma ao demo en troco da fama. Trátase dunha novela gráfica especial e diferente, muda e sonora. Os representantes de Novovinilo darán a coñecer os futuros proxectos, nos que buscan seguir sorprendendo ao lector polo contido, a calidade e a tradución ao galego.