Monterroso abre o día 1 de cada mes o seu museo sobre as feiras e a historia do municipio

la voz LUGO

MONTERROSO

Museo de Monterroso
Museo de Monterroso CEDIDA

O centro cultural atópase nas instalacións que foron o ambulatorio da vila

04 sep 2023 . Actualizado a las 20:10 h.

O Museo e Centro de Interpretación «Monterroso, a vila das feiras» estará aberto o día 1 de cada mes, de 11.00 a 13.00 horas, para quen queira visitalo. O Concello de Monterroso decidiu abrilo ao público coincidindo coa feira mensual, ata que se determine o horario de apertura continuado.

O museo alberga restos históricos de diferentes épocas, algúns prehistóricos e outros atribuíbles a diferentes etapas e movementos artísticos, e de moi diferentes temáticas, como culinaria, espiritual, festiva, artística ou documental, entre outras. Este proxecto expositivo está pensado para todos os públicos.

Situado no antigo centro de saúde, o centro dispón de tres andares que permiten unha exposición permanente, exposicións temáticas, almacén, obradoiro de restauración e intervención das pezas que o necesiten ou un arquivo documental.

Aqueles grupos que desexen facer visitas guiadas deben poñerse en contacto co Concello de Monterroso para concertar data e hora.