Unha viaxe polas escolas rurais do mundo desde Navia

O viaxeiro Pedro Gilthoniel deu unha charla no colexio naviego

03 mar 2017 . Actualizado a las 19:03 h.

O viaxeiro Pedro Gilthoniel deu unha charla no CPI de Navia de Suarna baixo o título «Escolas rurais no mundo». O conferenciante, que reside en Luarca, narrou a súa experiencia viaxando durante máis dun ano por Mongolia, Tíbet, Nepal e a India, onde traballou dando clases de inglés en diversas escolas rurais a cambio de aloxamento. Gilthoniel ofreceu ao alumnado unha viaxe por Asia a través de diversos modelos de familias, escolas, vivendas, costumes, climas e paisaxes.