«É posible emprender no rural»

Xosé Ramón Penoucos Blanco
x. r. penoucos LUGO / LA VOZ

SARRIA

ALBERTO LÓPEZ

Lourdes Pombo estableceuse pola súa conta como resposteira en Sarria tras un ERE na empresa na que traballaba

31 ago 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Hai pouco máis dun ano que a enxeñeira industrial da localidade lucense de Sarria Lourdes Pombo decidiu establecerse pola súa conta tras formar parte dun ERE na empresa na que traballaba. Apenas un ano despois de abrir, acaba de recibir un premio a nivel nacional pola súa tarefa como muller emprendedora e o seu negocio de pastelería tradicional xa está consolidado.

-¿Como puxo en marcha o seu negocio?

-Traballaba nunha empresa relacionada co sector da construción, pero quedei sen emprego pola crise. Pensei en irme fora ou buscar unha maneira de saír adiante aquí. Como a repostería sempre me gustou xurdiu a idea de crear unha empresa reposteira caseira e fíxeno.

-¿Que tipo de produtos elabora?

-Empecei pola torta de Sarria, unha receita especial que se facía na miña casa hai moitos anos e que eu adaptaei ao que nos gustaba. Tamén fago amendoados, cocos, galletas e pastas sen azucre con sirope de arce.

-¿Sorprendeuse co bo resultado da súa iniciativa en apenas un ano de vida?

-Obter o premio á mellor emprendedora foi unha sorpresa. Propuxéronme participar no certame e aceptei, pero non contaba con gañar. De todas as maneiras, o mellor premio que levo obtido ata o de agora é ver a xente contenta. O recoñecemento está ben, pero o que conta é o día a día.

-¿Poden tes éxito as empreas no medio rural?

-Dende logo que é posible que poden ser empresas rendibles ás do medio rural. Nestes tempos é importante darlle voltas á cabeza para atopar solucións como fai a xente emprendedora e saír adiante.