Un Suárez diferente

Siro
Siro IMAXES DA TRANSICIÓN

OPINIÓN

28 nov 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Siro

Dous días despois da cita electoral houbo consello de ministros e Suárez informou de que o rei o confirmara na presidencia do Goberno. Agora, ante os resultados electorais, debería tomar as decisións oportunas para encarar a nova situación. Gutiérrez Mellado, en nome de todos os ministros, presentoulle a dimisión do Goberno.

Días despois, Suárez recibiu a un Felipe González eufórico, que lle dixo:

-Después de las elecciones está claro ante los españoles que tú eres la derecha y yo la izquierda. Hagamos un pacto constitucional con objeto de alternarnos en el poder en el futuro.

Suárez respondeulle que non aceptaba a proposta porque ía facer un Goberno para disputarlle ao PSOE, desde posicións socialdemócratas, o electorado de centro esquerda.

Contoullo a Osorio, quen, se tiña algunha dúbida de se debería continuar no Goberno, soubo que non. Das memorias de Osorio sácase a conclusión de que Suárez se escorou á esquerda porque era o que o electorado demandaba; pero pode que aquela vontade respondese a un cambio ideolóxico. Un banqueiro agardaba ser recibido en Presidencia cando Suárez saiu acompañando a Willy Brandt. Ao volver comentoulle:

-¿Has visto quién era ese? Pues yo soy más demócrata que él.