Galicia, boa chica

Marina Mayoral
Marina Mayoral PÁXINAS SOLTAS

OPINIÓN

05 abr 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Desde sempre se soubo: As nais prefiren a un mozo opositor, aplicado e respectuoso coa familia, pero os que se comen as roscas foron sempre os mozos malos. E o mesmo sucede coas mozas: ás malas nunca lles falta pretendente nin invitacións, mentres as modosiñas vanse os fins de semana coas súas amigas, tamén boas, ao cine ou a dar saudables paseos.

Galicia é a boa chica, a moza bueniña das autonomías: cumpridora, traballadora, cooperadora, solidaria… E así lle vai, nin un triste AVE temos, nin sequera a tiveron en conta á hora de propoñer unha candidatura española para a Axencia Europea do Medicamento, con sede en Londres, que terá que trasladarse tras o brexit. A proposta foi Cataluña.

Cataluña lanzou ao mundo a proclama «España róubanos», gastouse alegremente máis de 60.000 millóns de euros, que lle prestou desde o 2012 o Fondo de Liquidez Autonómica, en crear embaixadas catalás, emitir bonos basura e preparar referendos para separarse de España. E agora España vai a condonar a débeda e ademais vai investir alí ata o 2020 outros 4.200 millóns de euros en infraestruturas.

Tomemos exemplo: hai que ser a chica mala. Convoquemos un referendo separatista e inauguremos embaixadas de Galicia Ceibe.

Seguro que algo máis conseguiremos que co apoio incondicional que ata agora prestóuselle ao Goberno.