Drons, virus e frecuencias

Xavier Alcalá
Xavier Alcalá A VOO DE TECLA

OPINIÓN

20 mar 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Ante a gravidade da pandemia os demais problemas da sociedade minguan en relación a ela. Un deles é o dos drons cos perigos que representan. A consecuencia do choque dun deles cunha aeronave pode ser fatal. Desde hai anos repítense frases sobre absurdo físico de «inhibir frecuencias». A frecuencia é característica básica das ondas de todo tipo, incluídas as electromagnéticas da radiocomunicación. Os «inhibidores de frecuencias» son unha entelequia como serían os «negadores de luz». De feito, para evitar o uso maligno de teléfonos móbiles ou drons cómpre actuar con contraemisións en frecuencias iguais ás das ondas utilizadas por eles. Seica a Garda Civil conta con canóns capaces de deteren a acción de drons perigosos, mais a caza non é solución definitiva ao problema. Os drons funcionan legalmente con sinais da banda de frecuencias (libre) da wifi. Cumpriría logo actuar como co coronavirus, drasticamente: confiscando todos os drons, asignando unha banda de frecuencias específicas para os profesionais, obrigando a adaptarlles a elas os sistemas de comunicación. E prohibir os de xoguete ata que se fabriquen con severas restricións de voo.