Cando Mortadelo e Filemón son dos meus

Cartas al director
Cartas al director CARTAS AL DIRECTOR

OPINIÓN

Evolución de Mortadelo y Filemón, en la exposición «Francisco Ibáñez. El mago del humor».
Evolución de Mortadelo y Filemón, en la exposición «Francisco Ibáñez. El mago del humor». efe< / span>

20 jul 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Os tebeos de Francisco Ibañez e o meu pai 

Foise un grande, cuxos tebeos sempre estiveron presentes na casa dos meus pais. O responsable de que tanto meu irmán coma min creceramos rodeados das historias de Mortadelo e Filemón, Pepe Gotera e Otilio, Carpanta, Rompetechos, Súper López, Anacleto, agente secreto, o Botones Sacarino, e tantos outros personaxes marabillosos coma os que habitaban no número 13 da Rue del Percebe foi o noso pai, Eduardo Manuel Lema Senande, falecido hai dous meses pola covid á idade de 81 anos. Aínda que meu pai viviu a meirande parte da súa vida no concello de Zas, coa excepción do servizo militar que fixo en Zaragoza e das dez tempadas de nove meses que estivo traballando en Suiza, el nunca perdeu este bo costume de ler tebeos, aos que non tiña un acceso doado nos primeros anos que viviu no agro, e que incluso chegou a intercambialos cando non saían números novos.

Con trece anos estiven interna na Compañía de María de Santiago para estudar o bacharelato e estranoume que os pais do resto das rapazas (eramos sobre cen no internado) non eran afeccionados aos tebeos. Decateime disto cando lles dixen que meu pai me encargara que lle mercara tebeos en Santiago, xa que en Zas non os había, e elas sorprendéronse de que un adulto lese tebeos. Nese mesmo intre, sentínme moi orgullosa do meu pai, porque, a pesares de traballar case sempre na construción, era un adiantado ao seu tempo, unha época onde o público adulto non era consumidor habitual deste tipo de lectura.

Estando interna, todas as fins de semana podía vir á miña casa e pola semana as monxas deixábannos saír uns vinte minutos. Descubrín unha pequena tenda na Rúa de San Pedro, na que por unhas poucas pesetas me canxeaban un tebeo do meu pai por outro que non lera, e así fomos renovando a súa colección de tebeos. Cun pequeno esforzo, facía feliz ao meu pai e podía devolverlle un chisquiño do que nos deu a mancheas, grazas a todo o que traballou para procurar un bo futuro para os seus fillos e os seus netos.

Co seu hábito lector, converteu ao meu irmán, a min e aos meus fillos nuns grandes lectores; ademais tanto a miña nai, que era perruqueira, coma el, mercáronnos varias enciclopedias e coleccións de obras literarias importantes, incluso antes de que as necesitaramos no colexio.

Dende pequena vin como os adultos varóns da miña casa adoitaban ler: meu avó e meu pai eran consumidores habituais do xornal La Voz de Galicia e ao tío avó sempre o lembro lendo novelas do oeste e de Corín Tellado. Para min, isto ten moito valor porque, aínda que so tiñan estudos primarios, amosaban unha gran cultura e empregaban un vocabulario rico e variado que foron adquirindo desta maneira e que nos transmitiron ao meu irmán e a min, ademais de falar e escribir correctamente, tanto en galego coma en castelán. O único que me dá pena é que nin a miña tía avoa, a miña avoa ou a miña nai puideran desfrutar da lectura coma eles, porque eses momentos de lecer que tiñan, elas adicábanos ás tarefas do fogar e ao coidado da familia nun tempo no que a fenda de xénero era o habitual.

Retomando o tema dos tebeos de Ibáñez, hai 32 anos que aprobei as oposicións de inglés e no primeiro contacto que tiña coas bibliotecas dos meus centros sempre buscaba o estante dos cómics. Cando os levaba prestados para a miña casa nas fins de semana e os vía meu pai, aínda que xa tiña lido a maioría, gustáballe volvelos ler. Pronto os tebeos acabaron converténdose nun prezado regalo para o Nadal ou aniversarios do meu pai e dos meus fillos.

Co paso dos anos, empezaron a funcionar moi ben as bibliotecas de todos os concellos e isto permitiume seguir sendo unha boa consumidora de tebeos que compartía co meu pai. En febreiro deste ano collín na Biblioteca Pública Municipal de Negreira os derradeiros tebeos de Mortadelo e Filemón que viu meu pai: El caso del calcetín e La gallina de los huevos de oro.

A miña vida, a do meu irmán, tristemente falecido hai dous anos, e a dos meus tres fillos son mellores grazas ao consumo de todo tipo de lecturas que, no caso dos tebeos, acababan arrincándonos un sorriso. Sempre lembraremos ao meu pai sentado na cociña, coas gafas de cerca apoiadas no nariz, lendo este xornal ou rindo cos tebeos de Ibáñez. Gloria Lema Rama.

El servicio de ambulancias 

Por hablar con propiedad, el 061 no cuenta ni tiene ni gestiona ninguna ambulancia ni en A Coruña ni en Galicia. Todas son de servicios privados: tanto las ambulancias como el material como los asalariados, que son trabajadores que no pertenecen al ámbito sanitario, sino al de «traslado y transporte de persoas feridas». Aunque algunos trabajadores sí tienen titulación (como TES) no se les reconoce; al convenio colectivo me remito. Estos titulados son los primeros en llegar a la emergencia. Bien harían la Xunta y el Sergas —como licitadora del servicio que pagamos los contribuyentes— de supervisar y controlar que se cumplen los acuerdos establecidos en las licitaciones. Los enfermos no son bultos. Óscar Guillán Lago. A Coruña.

 El trampolín de la política

 

Cualquiera diría que estamos en la cuenta atrás para lanzar un cohete hacia el espacio. Pues no señor. El 5, 4, 3, 2, 1, 0 es la elección de presidente de Gobierno. Pero nadie tiene la mínima intención de salir disparado del planeta Tierra, y menos de España, con lo bien que se vive aquí, en la política, claro. Es más, ningún político muestra deseos de abandonar su puesto, y en tal caso (muy poco probable) sería para ir a mejor destino, en una multinacional o cualquier empresa de esas que contratan a personas que ocuparon altos cargos en la política, por lo que conocen los entresijos del poder. De lo que se deduce que esta última labor constituye un buen trampolín de acceso a otras puertas. Lo que sí resultaría curioso sería conocer el trabajo al cual van a dedicarse tantos ministros y ministras junto con sus correspondientes asesores, en el hipotético caso de que tengan que dejar su actual ocupación. Tener conocimiento del recorrido, es decir, vida y milagros, en el campo laboral se entiende, de quienes nos gobiernan, desde los concejales de cualquier población por pequeña que sea, hasta los más altos cargos. Del mismo modo que un médico, pongamos por caso, tiene sus diplomas a la vista de sus pacientes, que le acreditan para realizar su trabajo, también quienes nos gobiernan (a cualquier nivel, ya sea pueblo, ciudad o país) deberían acreditar sus méritos para la labor que van a realizar. Sería lo razonable, ¿o no? M. J. Vilasuso. As pontes.