Macron, ¿líder de la política europea?

Cartas al director
Cartas al director CARTAS AL DIRECTOR

OPINIÓN

04 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Macrón se fue a la guerra...

El presidente de la república francesa acaparó portadas y titulares durante unos días por su apretada agenda internacional. «El emir de Catar visita Francia para negociar una tregua entre Israel y Hamás y, junto a él, lo hacen el jefe del Mossad y algunos otros miembros de la delegación israelí», leíamos hace unos días. En medio de estos encuentros, en los que también se habló del reconocimiento de un Estado para Palestina, Macron ha tenido tiempo para centrar, todavía más, la mirada en el Elíseo.

La pretensión de convertirse en líder de la política internacional europea llevó a Macron a cometer una imprudencia impropia de su cargo y del rol que quiere jugar en la compleja y peligrosa situación de Europa frente a Rusia. Sin contar con ningún otro gobernante europeo, se ha atrevido a hablar del envío de tropas europeas a Ucrania. La política interna de su país, con una Marine Le Pen envalentonada por los sondeos, quizás haya tenido algo que ver en sus declaraciones. José Morales Martín.

  Cañas e cafés 

Lin estrañado que a unha persoa lle pareza un abuso que lle cobren 4 euros por unha caña de cervexa e un café. É certo que Lugo é máis barato en moitas cousas, pero salvo nos pobos, 4 euros por unha caña e un café é moi barato. En Santiago de Compostela as cañas cóbranas entre 2,5 e 2,8 euros, e os cafés sobre 1,5. Normalmente pago entre 4,2 e 4,3 euros por esas dúas consumicións. En Vigo incluso máis. Salvo que alguén viva nunha aldea e nunca consuma nunha cidade, ou non saiba o que custan as cousas, 4 euros por unha caña e un café é un prezo módico. f: Xoán F. Pérez Argibay. Santiago.

 Cáeme mal bastante xente

 Hai uns días fixeime en alguén que levaba unha chapa coa frase «Cáeme mal bastante xente». E si. A min tamén me cae mal bastante xente. A quen non!? Por moi mal sabor que nos deixe ao lelo ou por moi mala idea que se poida extraer deste tipo de comentario ou do mesmo tipo que o escribe nesta misiva. Neste caso eu. Eu mesmo. Como tamén sei que eu mesmo lle caio mal a moita xente. Algo normal. Algo dentro do que podemos entender como normalidade. E isto é algo que todos e calquera sabemos. Outra cousa é expresalo. Manifestalo. Aínda que a todos nos custe admitir que levamos dentro ese mirar que de cando en vez, ou máis a miúdo do que queiramos recoñecer, brinca e reivindica a súa presenza. Ás veces incluso con rabia. E non se trata de irllo dicindo con quen ocorre. Ou talvez si. Non sei. Penso en min e en que alguén se me achegue e mo diga e, sinceramente, descoñezo como mo tomaría. Porque despois está todo iso da educación. Da amabilidade. Do socializar. Todo iso que realmente non deixa de ser unha parafernalia para mentirnos os uns aos outros e así poder compartir espazos comúns. Nos que, por certo, e aínda e con toda esa parafernalia, non deixamos de empurrarnos cos cóbados. Cando non acabamos dándonos algún que outro golpe directo. manuel I. Nanín O Carballiño.