Progreso na Raia

LUÍS MARTÍNEZ-RISCO DAVIÑA

OURENSE

CALPÚRNIA | O |

10 abr 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

SEI que se vai inaugurar o polígono industrial de Outeiro Seco, tan na raia que como é Chaves podería ser Verín ou Oimbra, e non podo menos que lembrar unha mesa redonda en Verín, no ano 1990, na que falabamos da necesidade de cooperación transfronteiriza. Se a memoria non falla participaban os amigos Antonio Montalvão Machado da ADRAT, José Angel Barquero e un funcionario da Xunta responsabilizado do INTERREG. Empresarios de Verín manifestaran a súa preocupación pola repercusión que tería nos seus negocios a «apertura», mellor sería dicir supresión, das fronteiras. Comentouse da necesidade de proxectos conxuntos, nunca concretados, impulsados polas administracións locais. Xuntos sería a mellor maneira de medrar. E por esa acción conxunta deron mil batallas Antonio Sousa e Silva, na altura responsábel de cultura en Chaves, ou Orlando Alves, aínda vereador en Montalegre. Pasaron os anos, e as inercias dos estados imposibilitaron a construción dun proxecto común. Mentres tanto, que fixo a Comunidade de Traballo Galiza-Norte de Portugal?