QUEN VEÑO SENDO «Piñor debe aproveitar a súa ubicación e a actividade industrial»

La Voz

OURENSE

CANDIDATO DO BNG EN PIÑOR

05 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

Nacín hai 56 anos no pobo de Loeda, nunha familia de empresarios da madeira. Un sector, o da madeira, que foi de sempre unha actividade tradicional en Piñor e que xenerou unha gran cantidade de postos de traballo e unha salientable actividade industrial. Estudiei no Seminario e logo fixen Maxisterio en Ourense. Levo exercendo como mestre sempre en destinos do medio rural ourensán: A Veiga do Bolo, Vilardevós, Beariz e Allariz, donde son director do CEIP Padre Feijóo. En política levo 8 anos: os catro primeiros na oposición e nos últimos catro primeiro formando parte do goberno e logo practicamente na oposición polas continuas trabas e obstáculos que me puxo o alcalde para formar parte do goberno, optando polo oscurantismo e a falta de transparencia na xestión. ?reo que podo axudar a sacar máis proveito da situación estratéxica que ocupa Piñor e da súa tradición empresarial. É preciso un equilibrio entre o desenvolvemento industrial e a potenciación das nosas peculiaridades naturais para conseguir un desenvolvemento sostible. Logo da experiencia destes anos estou convencido de que se pode conseguir implantar no concello unha forma de traballar lonxe do electoralismo e das políticas de clientelismo, e creo que se debe conseguir un goberno que xestione para as persoas, con participación e implicación dos veciños, e non só facendo unha política de personal para os «políticos» de turno.