«Está retornando xente para asentarse aquí de novo»

OURENSE

SANTI M. AMIL

Entrevista | Susana Vázquez Dorado ALCALDESA DE PORQUEIRA E CANDIDATA DO PP Unha residencia, o parque eólico ou as piscinas son proxectos a desenvolver

07 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

? Susana Vázquez Dorado correspondeulle en sorte convertirse nun dos centros da atención política de Galicia e en obxecto das continuas críticas dos nacionalistas por non suscribir o pacto que os levaría á alcaldía -a alcaldesa, que foi candidata do PSOE, gobernou estes catro anos co apoio dos concelleiros do PP-. Ela da por superado este episodio e non valora esta circunstancia. -¿Supoño que non sería fácil gobernar en minoría durante catro anos? -Non coincido con ese prantexamento. Non houbo goberno inestable e en minoría, senón que se desenvolveu durante estes anos unha xestión de goberno sólida e totalmente consecuente na que se imprimiu un carácter novo á actividade política, con atención directa e personalizada a tódolos veciños para atender as súas demandas. -¿Que proxectos ou actuacións salientaría? -Fixemos un esforzo importante para dotar de alcantarillado e saneamento a tódolos pobos, sustituindo as redes en moitos casos ou mellorando o existente. Ademais tódolos pobos contan con centros sociais en condicións, fixéronse depósitos e melloras importantes nos pozos de barrena -que nun sitio coma este son moi importantes tanto para o abastecemento como para a agricultura- e moitas outras cousas. -¿A loita contra o despoboamento é a principal misión dos que gobernan nun concello pequeno? -O prioritario é conseguir que a xente se quede a vivir no pobo. Nese aspecto estou moi orgullosa porque conseguimos que a xente nova se quede a vivir aquí, que non marche. Cunha particularidade que tamén incide nesta liña de traballo: que está retornando xente para asentarse aquí de novo. Xente que estaba na emigración en Euskadi ou en Bacelona ou os seus fillos están voltando para desenvolver a súa vida aquí. -¿Que proxectos lle gostaría materializar se seguise gobernando? -Estamos mantendo contactos para crear unha residencia con centro de día para os maiores, facer unhas piscinas na Forxa -donde xa temos unha praia fluvial-, agardamos retomar os proxectos do parque eólico e o de pracas solares, completar a parcelaria, e outras moitas cousa. -¿E ampliar o regadío? -Nós xa estabamos na terceira fase do plan da Limia, xa era algo co que se contaba. -Están mirando o censo de Porqueira con lupa ¿que ten que decir? -Nada. Nos casos que nos foron notificados se lles remitiu un traballador do concello para aclarar o empadronamento. E cursouse a correspondente resposta. Si que é certo, xa o dixen antes, que está voltando xente e que conseguimos atraer novos veciños.