«Ós meus anos continuarei na parroquia porque fan falta cregos»

J. M. García OURENSE

OURENSE

Entrevista | José Canal Sánchez

11 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

Fai medio século que foi ordenado crego e leva 30 de actividade pastoral en Allariz. Naceu en Santa María de Corbillón, A Merca, e o 24 de xuño vai ser homenaxeado polos seus feligreses. -¿Como lle senta este recoñecemento? -Home, teño unha satisfacción moi grande porque nestes anos que levo aquí houbo moitas horas difíciles, amargas e moi felices tamén. -A de Allariz será unha parroquia boa, ¿non si? -Hai un grupo grande de xente moi comprometida na pastoral parroquial. Son unhas 70 ou 80. -Seica aquí teñen unha casa de acollida xeitosa. -Tena Cáritas, para os transeúntes sen medios. É unha casiña de acollida e estamos contentos con ela porque esta xente que chega sen medios pode ter un teito, calefacción e auga quente e séntense acollidos. A casa foille regalada a Cáritas, restaurouse e os usuarios axudan a conservala. -¿Que idade ten, José? -Ando nos 75. -¿E que fará agora? -Ós meus anos continuarei porque fan falta cregos. -¿Ten axudante? -Si, un salesiano. -¿Compensaron estes anos en Allariz? -Por suposto. Aquí son 30 pero levo xa 50 anos como crego. Estiven en Ribadavia, Barxés... e logo aquí.