Gonzalo Navaza alerta sobre o feísmo toponímico galego

Jesús Manuel García OURENSE

OURENSE

MIGUEL VILLAR

Na entrega dos Losada Diéguez pediu que se preserven os nomes orixinais dos sitios O filólogo subliñou que Galicia ten un patrimonio único para referirse a lugares

09 jun 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

O feísmo toponímico salta á actualidade tras haber sido posto onte de manifestó no acto da entrega dos premios Antón Losada Diéguez. O filólogo Gonzalo Navaza foi galardoado polo seu traballo titulado Fitotoponimia de Galicia , que recolle 8.000 verbas relacionadas co mundo vexetal especialmente da provincia de Ourense. Navaza pateou todas as aldeas e recunchos da provincia ourensá e boa parte da pontevedresa á procura dos topónimos. Lembrou que foi o seu proxecto da tese doctoral pero era tan ambicioso que despois de dez anos só presentou como tese o capítulo da fitotoponimia. Eso quere decir, sinalou, a enorme riqueza de nomes que teñen os lugares de Galicia. Fixo fincapé, dirixíndose ós responsables de concellos, sen personificar en ningún deles, que «cada nome de lugar, por pequeno que sexa, é unha peza dun tesouro a preservar». Denunciou o feísmo toponímico cando, por exemplo, as empresas constructoras danlle un nome ás súas urbanizacións que nada ten que ver co do lugar onde se asentan, como pasa en algunhas cidades galegas. Pérdense así os topónimos orixinais de séculos e logo non hai xeito de atopalos porque os novos non din nada de interese sobre ese lugar. É que un topónimo pode ser milenario. eso quere decir que fou empregado por xeracións de xentes en todos estes séculos e cada un foi aportando algo, precisándoo ata chegar a nós. de aí a importancia que ten a toponimia, neste caso chamada menor, que é a que lle compete as administracións locais. Navaza contou a anécdota de cando estivo en Lobios facendo o seu traballo de campo e preguntoulle a un paisano como se chamaba un monte. Respostoulle que o nome dese monte era «Onde morreu Martiño» e que xa viña desde antes da guerra. Navaza atopou logo, nun documento do mosteiro de Celanova, unha alusión a ese lugar do Xurés, do século X ,onde en latin xa se decía que aquel monte era chamado «ubi morit Martinus». «Foi ben antes da guerra», dixo con bo humor. O libro de Navaza está nas librerías editado pola Fundación Barrié de la Maza. Nesta edición do Losada Diéguez tamén foi galardoado Manuel Rivas pola súa novel a Os libros arden mal , de Galaxia. Se Antón Losada Diéguez vivira hoxe, dixo a mantedora do acto, Dolores Vilavedra, congratularíase de ver que as súas propostas desde aquel En col da prosa galega , de princopios d século XX foron alicerces dun desenvolvemento cultural. Dos premiados dixo que «fan realidade o soño de Losada Diéguez». Os convidados asistiron previamente á misa na honra de Antón Losada Diéguez e pasado o mediodía baixaron ó fermoso patio do pazo, onde actuou a Banda de gaitas de O Carballiño, que pechou o programa coa interpretación do Himno de Galicia.