Roi Vidal gaña a Premio Abrente da Mostra de Teatro de Ribadavia

La Voz

OURENSE

monica ferreirós

O xurado salientou a ironía e a orixinalidade da peza

21 jul 2017 . Actualizado a las 21:28 h.

A MIR de Ribadavia deu a coñecer onte o nome do gañador da edición deste ano do Premio Abrente de Textos Teatrais. O xurado acordou conceder o galardón a Roi Vidal Ponte polo seu orixinal «Poesía (materiais para unha escena de cama») e salientou a ironía, a orixinalidade da peza, a valentía, a singular proposta para a posta en escena e a coidada escrita.